O CEIP de Galan de Arteixo ven de ganar o VIIi Concurso de Traballos por Proxectos por parte da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, na modalidade de proxectos de investigación intercentros.
“Martiño e Testa, unha viaxe espæcial”, é un proxecto gamificado resultado dunha colaboración entre o CRA de Culleredo (Culleredo) e unha aula do CEIP de Galán (Arteixo) co apoio e no marco das súas Bibliotecas Escolares.
Como obxecto principal, o alumnado puido desenvolver actitudes e valores relacionados co desenvolvemento sostible, (Axenda 2030) así como outros elementos transversais, por exemplo, a comprensión lectora, expresión oral e escrita, tecnoloxías da información e da comunicación, a comunicación audiovisual, o emprendemento, e a educación cívica e constitucional.
Tódalas investigacións propostas no proxecto centráronse neste ámbito próximo á realidade do alumnado, potenciando así a aprendizaxe significativa, ademais de desenvolver a Alfabetización Mediatica e Informacional (ALFIN/AMI). E outras metodoloxías activas como a aprendizaxe baseada en problemas, pensamento computacional, aprendizaxe cooperativa e por suposto, o Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA).
Podes consultar o proxecto completo aquí: https://drive.google.com/file//18qvBmNcgEvMolRIWHvW3tYgcLe3chWHu/view?usp=share_link
Acceso a anexos: https://drive.google.com/drive/folders/1M9n9c0ZZbcyYsrSJ-SuirdhhozHvfJNx
Resolución: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_viii_concurso_tpp_firmada.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario