venres, 29 de abril de 2022

Arteixo Innovación - V Encontro de experiencias EducaTIC 2022

 Bo día,

Convidámosvos ás xornadas “Arteixo Innovación - V Encontro de experiencias EducaTIC 2022” que se van levar a cabo os vindeiros días 4, 5, 6 e 9 de maio, das que se achega progamación para o voxo coñecemento e difusión entre o colectivo de socios.

Nesta edición, cóntase cunha xornada adicada exclusivamente ás Asociacións de Nais e Pais con ponencias específicas para este colectivo e para o conxunto de Nais e Pais de alumnos e alumnas en xeral.

Esperamos que sexan do voso agrado e contamos coa vosa participación

Un saúdo e grazas pola vosa colaboración





venres, 22 de abril de 2022

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO 2022/2023

O luns 25 publicarase no taboleiro interior do centro a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2022/2023.

Pode consultarse no propio centro sen cita.

O luns actualizarase nesta mesma entrada máis información do proceso de admisión.

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS

 Estimadas familias,

Está publicado no portal educativo unha nova: Directrices sobre o uso das máscaras, a

que podedes acceder picando aquí

O equipo directivo

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO FOMENTO DOS PROXECTOS DO USO DO GALEGO

 Na seguinte ligazón accedemos á listaxe. O noso centro no número 12 da listaxe.

USO DE MÁSCARAS NO INTERIOR DO CENTRO

Estimadas familias,

publícase a día de hoxe, 20 de abril, o Real Decreto 286/2022 polo que se modifica a obrigatoriedade de uso de máscaras durante a situación da crisis sanitaria ocasionada pola Covid-19.

Na seguinte ligazón podedes acceder ao BOE.

venres, 8 de abril de 2022

CRITERIOS DE PROMOCIÓN 2022


 

TRANSPORTE ESCOLAR 2022-2023

 Estimadas familias,

xúntase a documentación relativa para solicitar o servizo de transporte escolar para o vindeiro curso.

Nos adxuntos tedes:

  • Circular informativa que se enviará impresa o venres día 8 polo alumnado.
  • Solicitude de transporte
  • Solicitude excepcional de transporte
  • Solicitude de dúas paradas por conciliación
  • Paradas

Rógase ler detidamente as instrucións para solicitalo. Calquera dúbida contactade co centro.

Un saúdo

O equipo directivo

Adxunto Tamaño Circular familias e paradas

Solicitude de transporte

Solicitude excepcional de transporte

Solicitude dúas paradas por conciliación

ROCÓDROMO NO PAVILLÓN

 Instalouse un rocódromo no pavillón cun fondo de montaña para as clases de Educación Física. Na galería tedes imaxes do mesmo.

Vacacións de Semana Santa

 As vacacións de Semana Santa abranguen dende o día 11 ata o 18 de abril. Voltamos ás clases o martes 19.

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a nova estratexia e control do SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia no ámbito educativo - 01/04/2022.

 Comunicación conxunta