martes, 21 de decembro de 2021

FELICITACIÓN DE NADAL

 O CEIP de Galán deséxavos unhas felices festas e un bo ano 2022!!



CALENDARIO 2022

Facilitamos o calendario 2022, elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega coas fotografías que nos achegastes as familias, calendario que podedes descargar e imprimir.




















RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

 Deixamos a guía de lectura que atoparedes tamén no blog da biblioteca do centro.



VÍDEO "ALL I WANT FOR CHRISTMAS IS YOU"

 Neste vídeo o alumnado do CEIP de Galán canta e baila a seguinte canción para felicitarvos as festas.

PANXOLIÑA NADAL 2021

Programación de Nadal 2021

Actividades programadas

Intercambio de postais de felicitación por aulas.

Villancico de Nadal, All I Want for Christmas is you, de Mariah Carey.

Luns día 20,

I Día do Xersei Navideño. O alumnado que o desexe acudirá ao centro cun xersei de temática navideña. Non é preciso mercar nada, podedes poñerlle decoracións que teñades pola casa.

Carreira de San Silvestre de Barrigudos para educación infantil, 1º e  2º .

Martes día 21,

Lotería de Nadal de Galán para todo o alumnado.

Visita do Carteiro Real para educación infantil, 1º e 2º de 10.00 h a 14.00 h. no salón de usos e por aula.

As 12 badaladas de fin de trimestre á hora do recreo para todo o centro. O recreo será dunha hora.

Carreira de San Silvestre de Barrigudos para 3º, 4º, 5º e 6º.

 

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares

Simulacro de evacuación

 Estimadas familias,

o mércores día 15 de decembro realizouse un simulacro de evacuación á hora do recreo. Colaborou Protección Civil e a Policía Local de Arteixo e a empresa Gesplan na súa organización.

O tempo total de evacuación ata chegar ao punto de encontro ( a pista polideportiva exterior) con todo o alumnado foi de quince minutos, ata a cancela exterior que é a saída do centro, cinco minutos.

Voltamos ao centro con normalidade e continuamos coa xornada.

Moitas grazas aos organismos colaboradores e ao persoal do centro.

O equipo directivo

Máscaras para o alumnado de primaria

 Estimadas familias,

as máscaras entregaranse á volta das vacacións de Nadal, informaremos dos días e horario de recollida por AbalarMóbil e a través desta páxina.

Un saúdo

O equipo directivo

martes, 14 de decembro de 2021

V Recollida solidaria de Alimentos

Estimadas familias:

Un ano máis, o CEIP Galán colabora coa Asociación O Grilo na Recollida Solidaria de Alimentos que organizan nas véspedas do Nadal en beneficio do Banco de alimentos Rías Altas.

Desde o mércores 15 ata o luns 20 instalaremos unhas caixas solidarias na escola para que poidades facer a vosa aportación da man das nenas e nenos, se así o queredes.

Moitísimas grazas pola vosa solidariedade!!



Establecementos das postais solidarias

 Pincha aquí para acceder al documento.

venres, 10 de decembro de 2021

Convocatoria Asamblea Xeral - 16/12/2021 - 19:30 h

 Prezadas familias, 

Achegamos convocatoria para a reunión da Asamblea Xeral da ANPA que terá lugar o vindeiro xoves 16 de decembro de 2021, ás 19:30 h. en primeira convocatoria.
Como veredes na orde do día, vanse tratar asuntos de especial interese para todas as familias e para a continuidade da Asociación, polo que pregamos asistencia.

Por razón de cumprimento das medidas de aforo precisamos que confirmedes a vosa asistencia con antelación

Un saúdo, 
A directiva

venres, 3 de decembro de 2021

MENÚ DECEMBERO 2021

 


Día non lectivo

 O vindeiro día 7 de decembro non é lectivo.

Publicación das listaxes provisionais de máscaras

 Publicaronse as listaxes provisionais de alumnado beneficiario de máscaras.

Estos actos publicaranse  única e exclusivamente no taboleiro de anuncios que unicamente será visible no interior do recinto escolar.

A consulta das mesmas farase mantendo as medidas de protección covid.

En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas. Venres 3 de decembro.

Sobre a súa distribución e datas seredes informados a través desta páxina e da aplicación AbalarMóbil.

 

PARTICIPA NA ELABORACIÓN DO CALENDARIO DO CEIP DE GALÁN 2022


 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega ( EDLG) do centro envíavos a proposta da actividade: Elaboración conxunta dun calendario do CEIP de Galán do 2022, centro-familias.


Para a elaboración pedímosvos que saquedes unha foto paisaxística da zona na que vivides ou dalgunha parroquia dos arredores e a enviedes 
antes do 10 de decembro a: engalego@ceipgalan.org indicando: nome, curso e zona da que se trata.


Entre todas as recibidas seleccionaremos 12 imaxes que conformarán o almanaque de

Galán 2022.

Moitísimas grazas,

OS DEREITOS DA INFANCIA

VIDEO DEREITOS DA INFANCIA 

Vídeo realizado co alumnado de educación infantil do noso centro. Agardamos que vos guste.

A comisión de convivencia

26 DE NOVEMBRO, MAXIA POLA IGUALDADE

 O 26 de novembro levouse a cabo a actividade, Maxia pola Igualdade, actividade organizada pola ANPA do noso centro dirixida ao alumnado de educación infantil.

Moitas grazas pola maxia!


O NOSO MURAL DO 25N