luns, 24 de abril de 2023

ESTRENANDO AULA DE INFORMÁTICA

 




PROGRAMA DA VISITA DOS CENTROS DA AGRUPACIÓN

 


Os días 24, 25 e 26 de abril celebramos a Agrupación de centros

educativos no CEIP de Galán. Xornadas de docentes dos centros:

CEIP Isidro Almazán de Guadalajara

CEIP Eduardo Lucena de Córdoba

CEIP Los Valles de Laguna del Duero de Valladolid


ALUMNADO DE 6º PARTICIPA NO REBUMBIO MATEMÁTICO GALEGO

A fase de zona do XXII Rebumbio Matemático Galego para 6º terá lugar o venres, 28 de abril,, ás 10.30 h, no Centro Socio Cultural Ágora.

A proba consistirá na resolución polos grupos, de xeito cooperativo, de seis actividades.

Os grupos participantes do noso centro son La regla perfecta e equipo Einstein.

A NOSA HORTA. COMEZAMOS COA PLANTACIÓN

Antes de plantar preparamos a terra, dividímola en parcelas para cada curso, e este é o resultado.

Moitas grazas á Isabel por deixárnola asi de ben. Xa plantamos as leitugas!






XA TEMOS O NOSO RECUNCHO DE BAILE NO PATIO

Un agradecemento especial a Fani, mamá do centro, que fixo o estupendo mural para as paredes do patio. Grazas tamén a Paula, Mar, Pilar e outras mamás que lle deron a cor verde ao fondo.

Quedou xenial! Moitas grazas!




ANIMACIÓN Á LECTURA. BIBLIOTECA DO CONCELLO DE ARTEIXO

 BIBLIOTECA DE FROXEL

17 de abril, Educación Infantil

BIBLIOTECA DE ARTEIXO

20 e 21 de abril, 1ºA-B-C e 2º A

24 de abril, 3ºA e 3º B, cambio de data pendente

27 de abril, 2º B e 3º c, cambio de data pendente

 4 dmaio, 4º A e 4º B

5 dmaio 5º A

11 de maio, 5º B e 5ºC

12 de maio, 6º A e 6º B

18 de maio, 6º C

XXIII CARREIRA POPULAR DO CONCELLO

LIGAZÓN Á PÁXINA DO CONCELLO DE ARTEIXO

https://arteixo.org/arteixo-celebra-o-1-de-maio-a-sua-xxiii-carreira-popular/

COLABORACIÓN CON ALUMNADO DA UNIVERSIDADE

A clase de 6º de Educación Infantil participará nunha actividade que desenvolverán dentro da propia aula alumnas da Universidade de A Coruña da Etapa de Educación Infantil. Será o xoves día 13 de abril.

 FOTOS DA ACTIVIDADE NA GALERÍA DA EWEB DO COLEXIO

luns, 10 de abril de 2023

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS: MARZO-ABRIL

SAÍDAS MARZO:

Educación Infantil, saída a Meisel 93, A Coruña: venres 24 de marzo, actividade do centro. Autobús a cargo da organización da exposición.

Martes 28 de marzo, actividade do Concello: 1ºA-1ºC, saída a Buño.

Xoves 30 de marzo, actividade do Concello: 1ºB, saída a Buño.

SAÍDAS ABRIL:

Martes 11 de abril, 5º E.Primaria, Muncyt (A Coruña):autobús empresa Vázquez.

Xoves :27 de abril, 4º E.Primaria, O Ventoso: autobús empresa ALSA.

Biblioteca de Arteixo, actividade do Concello.