ANPA

A Asociación de Nais e Pais do CEIP GALAN é una entidade sen ánimo de lucro, Poderán asociarse voluntariamente a ela os pais e as nais que teñan fillos/as matriculados/as no centro educativo CEIP GALÁN.

Na Constitucion Española no seu art. 27 vén recollido que os pais e nais teñen dereito a participar na xestión e control dos centros sostidos con fondos públicos; así como a intervir na programacion xeral do ensino.

A normativa referida ás nosas competencias está recollida nos Regulamentos Orgánicos dos Centros de Educación Primaria e Secundaria e nos nosos propios Estatutos que se derivan das leis e normas que sobre asociacións hai vixentes (Ley de Asociaciones de marzo de 2002, R.D. 1533/86, LODE, LOGSE, LOPEG) .

A Asociación participa no funcionamento das actividades educativas do centro e tamén organizando e colaborando con distintas celebracións: Magosto, Nadal, Festa Fin de curso...

POR QUE ASOCIARSE

Porque a ANPA somos todos/as, pais e nais, e xuntando forzas contribuímos ao enriquecimento da educación dos nosos fillos e fillas.

COMO ASOCIARSE


Inscribirse no local da ANPA, cubrindo unha ficha de rexistro, ou enviala ao noso correo electrónico.
Pagar a cota anual de socio/a (20 € por unidade familiar)
  • CONTA ANPA para realizar os ingresos: 
    • “ABANCA” ES83 2080 0073 1430 4000 1401 
           Indicar o nome do/a menor e concepto do pago

COMO COLABORAR
  •  Realizando “gardas” no local da ANPA nas horas de atención a pais/nais.
  •  Participando en “grupos de traballo”, que non requiren necesariamente a permanencia no local.
  •  Achegando ideas, iniciativas, suxestións...
  •  Pregunta no local da Anpa e informarémoste con moito gusto...
DOCUMENTOS

Traballamos de xeito voluntario, 
por iso todas as colaboracións son importantes...

ASÓCIATE E PARTICIPA!!
A ANPA SOMOS TOD@S
XUNTA DIRECTIVA

Presidenta:
Paula María Corral Zas

Vicepresidenta:
Carolina Seijas Louro

Secretaria:
Miriam Ansede García

Tesoreira:
María Recarey Gómez

Vocais: 
Diego Álvarez Penedo
María Rocío Souto Santos

REPRESENTANTES ANTE FEDERACIÓN DE ANPAS DE ARTEIXO
Paula María Corral Zas


REPRESENTANTES ANTE FEDERACIÓN DE ANPAS DA COSTE DA MORTE
Paula María Corral Zas