martes, 30 de xaneiro de 2018

Festa de Entroido CEIP Galan Organizado pola ANPA Manuel Murguía


Estimadas familias:

Dende a ANPA Manuel Murguía estamos a organizar a festa do Entroido 2018 para o día 9 de febreiro en horario de 16:30 a 18:30. Esta festa será gratuita para socios e para os non socios terá un custo de 5 euros/neno.

Durante a xornada contaremos coa axuda do SD Pastoriza para animación e xogos.
Realizaremos sorteo de algún detalliño para os nenos.
E teremos merenda ademáis de algunhas larpeiradas para nenos e maiores.
Por suposto a xornada está aberta a que calquera que o desexe pode participar traendo algunha larpeirada para compartir ou facendo algún xogo para os nenos

É unha festa de convivenza á que poden asistir as familias e calquera membro da comunidade educativa do CEIP Galán.
Para unha boa organización necesitamos confirmación de asistencia para organizar a merenda.

¡¡ ANIMÁDEVOS !!

NOTAS: 
Os nenos deberán ir acompañados de un adulto
O tratarse de unha xornada de convivencia o obxetivo é coñecernos todolos membros da comunidade educativa (profesores, dirección e todo o persoal auxiliar) para o que é necesario que asistan tamén as familias.

mércores, 10 de xaneiro de 2018

Novo menú xaneiro, febreiro e marzo de 2018

Compartimos o menú para o segundo trimestre correspondente os meses de xaneiro, febreiro e marzo. Tamén o podedes descargar nesta ligazón



Desde Jardanai ademáis recordannos a importancia de unha dieta equilibrada e incluen unha piramide nutricional para que nos sirva de axuda.