COMEDOR

COMEDOR

O servizo de Comedor escolar é un servizo socioeducativo complementario que actualmente xestiona a Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional . 

Este servizo ofértase para os meses de Setembro a Xuño, coas interrupcións estivais correspondentes, tanto para comensais fixos coma eventuais.

Actualmente está a facer o subministro do servizo a empresa JARDANAY, S.L., que se encarga da elaboración e distribución dos menús; asi como do persoal encargado do comedor.

SERVIZO DE COMEDOR
14.00 horas, inicio do servizo do primeiro turno.
14.45 horas, inicio do segundo turno.
Franxas de saída de luns a venres: 15.20/ 15.50 horas.
15.50-16.00 horas, o alumnado do servizo de comedor unirase ao alumnado de actividades extraescolares, no lugar que se estableza,  nun dos patios interiores, baixo a custodia do profesorado de garda do centro. Entrada do alumnado transportado das actividades.
Ausencias no comedor e intolerancias alimentarias

As familias tedes que comunicar ao correo do centro as ausencias antes das 09:45 horas do día para o servizo do número de menús.

Trasladar por escrito as intolerancias alimentarias, de ser o caso, con carácter urxente e na maior brevidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario