luns, 23 de novembro de 2020

25 de Novembro de 2020. Día Internacional contra a violencia de xénero.

 


Este curso para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, proponse dende o equipo de actividades complementarias e extraescolares crear lemas que fomenten a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero.

Serán lemas nos que se traballe a concienciación e a sensibilización sobre o que supón a violencia de xénero.

Lugar de exposición dos lemas:

TABOLEIROS ANEXOS ÁS AULAS DE 4º, 5º e 6º.


PARTICIPACIÓN NA CAMPAÑA DE NADAL" MÁSCARAS SOLIDARIAS".

 O centro participa na campaña de Nadal " MÁSCARAS SOLIDARIAS " organizada polos comercios de Arteixo.

A actividade consiste en pintar máscaras. Son máscaras simbólicas, non levan os procesos de hixienización nin homologación para ser consideradas equipos de protección. Estas máscaras estarán expostas nos distintos comercios de Arteixo. A actividade é igual que en anos anteriores, consiste en intercambiar a máscara por alimentos para doar.

O equipo de actividades complementarias e extraescolares.

luns, 16 de novembro de 2020

20 NOVEMBRO- DIA UNIVERSAL DA INFANCIA



 

NOVAS. DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

 Orde do 6 de novembro de 2020, publicada no DOG do 13-11-2020, regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros docentes públicos.

 

1. O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE.

 

2.  O alumnado que NON foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

  • Matriculado en educación especial.

  • Suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

  • Cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Pode presentar solicitude do 16 ao 27 de novembro na Secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00 horas, solicitando cita no telf.881880903.

Ligazóns:

Orde do 6 de novembro de 2020

Anexo 1

martes, 10 de novembro de 2020

SERVIZO DE COMEDOR. NOVOS HORARIOS

 Estimadas familias:

Unha vez comezado o servizo de comedor e ante algunhas peticións de ampliación do horario de saída, ofrecemos desde o centro a posibilidade de tres turnos para recoller ao alumnado ( 15:00 h, 15:15h e 15:30 h) .

Ademais a Concellería de Igualdade e Servizos Sociais, Sanidade e Educación pon en marcha un servizo de conciliación LudiConcilia para o período de transición entre o remate do servizo de comedor e o inicio das actividades extraescolares,  en horario de 15:00 a 16:00 h.

( Acceso ao servizo mediante inscrición no Departamento de Educación ( de luns a venres de 9:00 a 14:00h).

Estes horarios serán efectivos a partir do luns día 16 de novembro de 2020.

Un cordial saúdo

EDUCACIÓN FACILITA A CONCILIACIÓN DO ALUMNADO DE GALÁN DENDE QUE FINALIZA O SERVIZO DE COMEDOR ATA O COMEZO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación pon en marcha un servizo de conciliación para o período de transición entre o remate do servizo de comedor e o inicio de actividades extraescolares no CEIP Galán

O necesario cambio no CEIP Galán da forma de execución do servizo de comedor leva a que a Xunta de Galicia xestione o comedor e o Concello de Arteixo o servizo de LudiConcilia como atención ao  alumnado que necesita estar no centro despois do comedor e así poder facilitar ás familias a conciliación tamén nos horarios posteriores á xornada escolar.

Para acceder ao servizo hai que cubrir o modelo normalizado adxunto e entregalo Entregando no Departamento de  Educación, en horario de atención ao público, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas; ou enviandoo ao correo electrónico educacion@arteixo.org

As prazas adxudícanse por rigurosa orde de inscrición na que terase en conta a hora e data de entrada a través de correo electrónico ou de entrega no departamento de Educación. Unha vez cubertas as prazas dispoñibles, as solicitudes incluiranse en listaxe de agarda.

Condicións xerais do servizo:

  • A posta en marcha do servizo queda supeditado a que exista un nº mínimo de persoas inscritas (5 persoas/día).
  • O servizo prestarase nos días lectivos estipulados no calendario escolar para o curso 2020/2021 pola Consellería de Educación.
  • O servizo atenderá ao alumnado usuario do comedor
  • O horario de LudiConcilia é de 15:00 h a 16:00 h.
  • É de obrigado cumprimento protocolo COVID vixente no centro.

Prezo Público: O determinado pola ordenanza fiscal número 34 ou normativa que a substitúa. A contía é de 1,50 €/día

Forma de pago: Aos efectos de proceder ao pago do servizo, establécese o seguinte procedemento:

    • Nos 5 primeiros días do mes emitirase recibo cos días de asistencia solicitados. Os cambios de días de asistencia deberán comunicarse antes do día 25 do mes anterior ao que se produzan para que non se inclúan no recibo.
  • A non asistencia ao servizo nos días solicitados non suporá a redución do prezo público agás que se comunique nas datas indicadas ao efecto.
  • As familias comunicarán se prefiren recoller o recibo no departamento de Educación ou recibilo a través de correo electrónico.
    • En calquera caso, deberá entregar xustificante de ter efectuado o pago. O impago dun mes implicará a baixa inmediata no servizo.

Prazo de inscrición: A partir do 10 de novembro e ata completar capacidade (segundo ratio que o protocolo COVID e as medidas sanitarias vixentes estipulen no momento de formular a preinscrición).

IMPORTANTE: Debido á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 a inscrición na actividade non garante a súa continuidade ao longo do curso escolar. Adaptarase ás indicacións e normativa vixente ditada en cada momento polas administracións con competencias na materia.

FORMULARIO INSCRICIÓN LUDICONCILIA

venres, 6 de novembro de 2020

ESPAZOS PARA O SERVIZO DE COMEDOR DO CURSO 2020-2021

 Os sitios son fixos para todo o curso e están organizados por aulas. No comedor e na aula de mañanceiros e mañanceiras instalaronse mamparas de protección. O centro educativo asumiu a instalación das mamparas no comedor e o Concello de Arteixo na aula de mañanceiros.

Se picades nos adxuntos  podedes ver os espazos preparados para o xantar, algúns sitios están baleiros porque non está todo o alumnado que solicitou a praza. Cada cadeira ten o nome do alumno ou alumna para a súa ubicación.

Un cordial saúdo.

ESPAZO DE COMEDOR NO CENTRO

ESPAZO HABILITADO: AULA DE VIDEO

ESPAZO AULA DE MAÑANCEIROS E MAÑANCEIRAS