A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación pon en marcha un servizo de conciliación para o período de transición entre o remate do servizo de comedor e o inicio de actividades extraescolares no CEIP Galán
O necesario cambio no CEIP Galán da forma de execución do servizo de comedor leva a que a Xunta de Galicia xestione o comedor e o Concello de Arteixo o servizo de LudiConcilia como atención ao alumnado que necesita estar no centro despois do comedor e así poder facilitar ás familias a conciliación tamén nos horarios posteriores á xornada escolar.
Para acceder ao servizo hai que cubrir o modelo normalizado adxunto e entregalo Entregando no Departamento de Educación, en horario de atención ao público, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas; ou enviandoo ao correo electrónico educacion@arteixo.org
As prazas adxudícanse por rigurosa orde de inscrición na que terase en conta a hora e data de entrada a través de correo electrónico ou de entrega no departamento de Educación. Unha vez cubertas as prazas dispoñibles, as solicitudes incluiranse en listaxe de agarda.
Condicións xerais do servizo:
- A posta en marcha do servizo queda supeditado a que exista un nº mínimo de persoas inscritas (5 persoas/día).
- O servizo prestarase nos días lectivos estipulados no calendario escolar para o curso 2020/2021 pola Consellería de Educación.
- O servizo atenderá ao alumnado usuario do comedor
- O horario de LudiConcilia é de 15:00 h a 16:00 h.
- É de obrigado cumprimento protocolo COVID vixente no centro.
Prezo Público: O determinado pola ordenanza fiscal número 34 ou normativa que a substitúa. A contía é de 1,50 €/día
Forma de pago: Aos efectos de proceder ao pago do servizo, establécese o seguinte procedemento:
- Nos 5 primeiros días do mes emitirase recibo cos días de asistencia solicitados. Os cambios de días de asistencia deberán comunicarse antes do día 25 do mes anterior ao que se produzan para que non se inclúan no recibo.
- A non asistencia ao servizo nos días solicitados non suporá a redución do prezo público agás que se comunique nas datas indicadas ao efecto.
- As familias comunicarán se prefiren recoller o recibo no departamento de Educación ou recibilo a través de correo electrónico.
- En calquera caso, deberá entregar xustificante de ter efectuado o pago. O impago dun mes implicará a baixa inmediata no servizo.
Prazo de inscrición: A partir do 10 de novembro e ata completar capacidade (segundo ratio que o protocolo COVID e as medidas sanitarias vixentes estipulen no momento de formular a preinscrición).
IMPORTANTE: Debido á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 a inscrición na actividade non garante a súa continuidade ao longo do curso escolar. Adaptarase ás indicacións e normativa vixente ditada en cada momento polas administracións con competencias na materia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario