domingo, 10 de setembro de 2017

CAMBIOS ORGANIZACIÓN ENTRADA E SAÍDA DO COLEXIO

O Concello, a petición da ANPA e da Dirección do Colexio, vai regular a entrada e saída do Colexio para mellorar a seguridade dos nenos e nenas de Galán, comezando a partir do primeiro día de colexio.

Polo tanto, o acceso o Colexio quedará cerrado entre as 08:40 e as 09:05 pola mañá, e entre as 13:45 e as 14:05 o mediodía. Únicamente terán acceso neste horario, os autobuses escolares e vehículos de persoas con movilidade reducida. Nigún outro vehículo particular poderá acceder. A policía local estará presente para garantir o cumprimento desta nova norma, que tamén terá que cumprirse noutros colexios do Concello.

Esta medida lévase a cabo en beneficio da seguridade de tódolos nosos nenos e nenas, porque o máis importante son a súas necesidades e prioridades.

Pulsa no enlace para acceder a noticia completa publicada na Opinión da Coruña