venres, 29 de outubro de 2021

Novas: Sorteo da Xunta Electoral

 Estimadas familias,

o 28 de outubro celebrouse nas dependencias do centro o sorteo dos membros que configuran a xunta electoral, titulares e suplentes. Recordade que quedará constituída pola dirección do centro, un mestre ou mestra, un pai/nai ou persoa titora legal e un representante do persoal de administración e servizos. 

A súa constitución levarase a cabo o vindeiro martes día 2 de novembro. 

Un saúdo

O equipo directivo

venres, 22 de outubro de 2021

CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

 A Resolución do 20 de setembro de 2021 establece o calendario para a celebración dos membros dos

consellos escolares.

xoves día 28 celebrarase o sorteo dos membros da Xunta Electoral.

Nos adxuntos tedes máis información:

- Resolución do 20 de setembro de 2021.

- Sorteo dos membros da Xunta Electoral.

Un saúdo

O equipo directivo

Resolución do 20 de setembro

sorteo xunta electoral

SAMAÍN 2021

 Podedes ver no adxunto o díptico,

Samaín 2021. Volven as cabazas ao CEIP de Galán!

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Un saúdo

O profesorado do centro

SAMAIN

mércores, 13 de outubro de 2021

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos curso 2021-2022.

 O CEIP  de Galán participa un curso máis nas actividades do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.

Este curso comezamos coas sesións formativas e informativas dentro do horario lectivo nas datas que a continuación detallamos:

23 e 24 de novembro de 2021, para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, coa temática Acoso Escolar

19 e 20 de xaneiro de 2022, para o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria. Temática: Uso das novas tecnoloxías, internet e redes sociais.

As charlas son impartidas  por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Se picades na imaxe atoparedes información sobre o Plan dirixido ao alumnado.

Concretaremos datas, se a situación sanitaria o permite, de sesións formativas dirixidas ás familias en colaboración coa ANPA do noso centro.

Un saúdo

O equipo directivo




luns, 11 de outubro de 2021

Día non lectivo, luns 11 de outubro

 Estimadas familias,

recordade que o vindeiro luns día 11 de outubro, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos no curso 2021/22 .

Un cordial saúdo

O equipo directivo