xoves, 19 de maio de 2022

ED330B. Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2022-2023.

 PRAZO DE PRESENTACIÓN: 19/05/2022 - 22/06/2022

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/ fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en rexistros.

No centro en horario de 9.30 a 11.30 horas e de 12.30 a 13.30 horas na Secretaría do centro.

( Sen cita previa e unha persoa nas oficinas)

 

Ligazón ao DOG coa información máis relevante destacada

DOCUMENTACIÓN PARA A PRESENTACIÓN

Þ   Solicitude segundo o Anexo I

Þ   Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

Þ   Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

- Certificado ou volante de convivencia.

- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Þ  Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

Þ   Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

Þ   Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

Þ   Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Þ   Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo I e achegar unha copia dos documentos.

DNI ou NIE da persoa solicitante.

DNI ou NIE da persoa representante.

MARQUE O RECADRO CORRESPONDENTE NO ANEXO I PARA SINALAR AS CIRCUNSTANCIAS QUE LLE SEXA DE APLICACIÓN:

Certificado de discapacidade expedido pola Administración autonómica.

Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clase pasivas.

CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente:

Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou certificado tributario de imputacións do exercicio 2020

 

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

Ningún comentario:

Publicar un comentario