Despois da reunión do consello escolar mantida o 8 de setembro, dende a Anpa Manuel Murguía solicitamos o seguinte:
1. Desdobramento das aulas para 4º E.I., 3º E.P. e 5º E.P. dado que as superficies das mesmas e os 25 alumnos matriculados non permiten cumprir ca distancia mínima esixida de 1'5 metros.
Cabe destacar que o centro ten espacios habilitados para facer efectivos os desdobres sendo preciso eso sí, un maior número de profesorado, o cal tamén se fai constar na solicitude.
2. Mellorar a formación online dirixida o alumnado posto que é fundamental para o seu desenvolvemento chegado o caso de facer efectiva a modalidade de ensino non presencial.
Por outra banda, en relación co servicio de madrugadores, estamos agardando unha resposta da Concellería de Educación para que especifique cómo e cando se vai desenvolver xa que durante esta reunión do consello escolar transmítenlle a dirección do centro que están a traballar para que o centro non perda esta servizo.
Esta nova recíbese moi gratamente porque despois da asamblea extraordinaria da Anpa Manuel Murguía celebrada o 5 de Agosto na que se atopaba presente a Concelleira, confirmou que o Concello de Arteixo non xestionaba en ningún centro educativo este servicio evitando mencionar a existencia da posibilidade da xestión a pesares de ter a nosa consulta "sobre a mesa".
No momento que dispoñamos de máis información, será trasladada a maior brevidade.
A Directiva da Anpa Manuel Murguía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario