martes, 29 de setembro de 2020

A pandemia modifica o procedemento de inscrición no programa de actividades deportivas extraescolares

 Debido ao estado de alerta sanitaria actual e debido ás restricións de aforo existentes e recollidas nas diferentes resolucións da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, desde a Concellaría de Deportes comunicamos que o procedemento de inscrición no Programa de Actividades Deportivas Extraescolares para o curso 2020/2021 será a través de inscrición directa no grupo e horario desexado, cumprindo o aforo máximo de cada un dos espazos e unha ratio docente/alumno de 1/9. No caso que sexa necesario poderase incrementar a oferta se existe dispoñibilidade de espazo.

A data de inscrición comeza o luns 5 de outubro. O inicio das actividades terá lugar na semana seguinte á formalización da inscrición e pago de matrícula.

A inscrición poderá facerse na oficina do Servizo Municipal de Deportes ou a través do correo electrónico deportes@arteixo.org co impreso que poderá descargarse na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público con cita previa (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org. Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

NORMAS ESPECÍFICAS MOTIVADAS POLA COVID-19. Debido á situación de emerxencia sanitaria motivada pola Covid-19 e co fin de garantir a seguridade das persoas que van realizar a solicitude de actividades, establécense as seguintes normas:

  • Obriga de solicitar cita previa. O  alumnado  deberá  solicitar  cita  previa  antes de  acudir  ao Servizo Municipal de Deportes
  • Poderase solicitar cita previa do seguinte xeito:
  • Unha mesma persoa pode formalizar varias solicitudes, de esa persoa ou de familiares.
  • Deberase acudir á cita con puntualidade, de tal forma que non se formen colas.
  • No  momento  de  espera  para  acceder  á  instalación  deberase  gardar  a  distancia obrigatoria de 1,5 metros.
  • E obrigatorio levar máscara en todo momento.

 

  • Servizo de Ocioteca dirixido só para o alumnado que empregue regularmente o servizo de comedor e asista a algunha actividade extraescolar o día no que solicita a inscrición na ocioteca. É obrigatorio facer unha inscrición previa.
  • Número de prazas limitadas. Precísase un número mínimo de 5 participantes para levar a cabo a actividade
  • Prezo Público e forma de pago: determinado pola ordenanza fiscal número 34 ou normativa que a substitúa.
  • Formas de pago:
    • Abonar o importe total nun só pago: xunto coa inscrición.
    • Abonar en dous prazos (cando o prezo a aboar  por alumno sexa superior a 50 €)
      • Xunto coa inscrición: 50 %
      • 1-20 febreiro: 50%
  • A baixa na actividade ao longo do curso non exime do pago do segundo prazo.
  • Importante: en aplicación das normativas dos centros, queda terminantemente prohibida o acceso e a permanencia no recinto escolar  das persoas acompañantes do alumnado que asiste á actividade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario