Estimadas familias,
ante dúbidas que nos plantexades algunhas familias, sobre a entrega da declaración responsable aclarar que:
as instrucións da Consellería indican que os centros educativos poden establecer mecanismos para a identificación de síntomas nos alumnos á entrada ao mesmo ou unha declaración responsable dos proxenitores ao inicio do curso escolar.
Porén a medición da temperatura ou a avaliación doutros síntomas compatibles coa Covid-19 será realizada no seo da familia de forma diaria antes de acudir ao centro.
De non enviar a declaración responsable entenderíase que non se está conforme.
O luns 21 de setembro será a data límite de recollida da documentación que vos enviamos (actualización de datos, autorización recollida de alumnado, autorización de imaxe e declaración responsable).
As ausencias ao centro derivadas de síntomas relacionados coa Covid terán a consideración de ausencias xustificadas.
Con respecto á distancia dos pupitres en Primaria, as instrucións do 31 de xullo indican que a distancia a manter entre postos escolares será a máxima que permita a aula, para aplicar este criterio a distancia realizarase dende o centro das cadeiras de pupitre a pupitre. Os pupitres están colocados de un en un cara á pizarra.
Dicir que en todas as aulas de primaria os postos escolares teñen máis de 1 m de distancia seguindo o criterio de medición, (desde 1,34 m ata 1,70 m) dependendo das aulas e gardando unha distancia de 2 m da mesa do mestre/a. O número de alumnado máximo por aula é de 25, según o establecido pola Consellería.
No Ensino Secundario, Bacharelato e Formación Profesional os postos escolares manterán unha distancia de 1,5 m. Nesta etapa si é 1,5 m.
En Infantil é conformando grupos estables de convivencia, cun máximo de 5 alumnos e alumnas e separados cun distanciamento físico de 1,5 m con respecto aos outros grupos.
En 1º e 2º, os pupitres son bipersoais. Cada alumno ou alumna dispón dun pupitre para uso individual.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
O equipo directivo e profesorado do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario