Estimadas familias:
Queremos darvos a benvida a este novo curso escolar e, dadas as circunstancias tan especiais nas que nos atopamos, agradecer a colaboración de toda a comunidade educativa facilitando o noso labor .
Ao longo destes días estivemos traballando para poder poñer en marcha o novo curso coas medidas necesarias de hixiene e seguridade, adaptando o noso centro ás instrucións marcadas pola administración educativa.
CALENDARIO ESCOLAR
O período lectivo abrangue desde o día 10 de setembro de 2020 ata o 22 de xuño de 2021, ambos os dous inclusive.
Períodos de vacacións e días non lectivos:
Nadal: desde o día 23 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021, ambos inclusive.
Entroido: días 15, 16 e 17 de febreiro de 2021.
Semana Santa: desde o día 27 de marzo ata o 5 de abril de 2021, ambos inclusive.
Día do Ensino coa consideración de non lectivo para os efectos académicos e que no curso 2020/2021 se celebrará o 7 de decembro de 2020.
Días non lectivos: 16 de setembro (festivo local en Arteixo) e pendente a petición de 1 día máis a través do Consello Escolar.
Festivos: 19 de marzo e 17 de maio de 2021.
RECOLLIDA DO ALUMNADO
Durante a xornada escolar o alumnado poderá ser recollido no centro cun motivo xustificado e acompañado pola súa nai, pai, titor legal, titora legal ou outra persoa autorizada. A familia (unha persoa) accederá ata o hall exterior do centro á espera de indicacións. Sempre se deixará constancia no libro de rexistro de recollida do alumnado que estará na zona habilitada para conserxería.
Rógase puntualidade á hora da entrada, respectando os horarios de entrada, e na recollida do alumnado nas saídas para evitar aglomeracións, tanto de alumnado como de familias.
O alumnado terá que entrar e saír de forma escalonada, tal como se indica no protocolo. Aqueles alumnos ou alumnas que cheguen tarde, poderán entrar despois de que entre o resto do alumnado.
As familias do alumnado de primaria e 5º e 6º de E. Infantil non poden acceder ao recinto escolar.
O alumnado de 4º de E. Infantil poderá ser acompañado por un único familiar, que neste caso pode acceder ao recinto á zona indicada de espera, e deberá permanecer no centro o menor tempo posible.
TRANSPORTE ESCOLAR
Todas as peticións de praza nos autobuses foron resoltas, en principio todo o alumnado do centro ten servizo de transporte.
Recordar que as autorizacións excepcionais están supeditadas á existencia de prazas no autobús.
O horario das paradas polas mañás está na páxina web do centro.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/node/1492
Nos autobuses:
O alumnado vai en asentos fixos e os que sexan irmáns, ou sexa conviventes xuntos. É obrigatorio o uso de máscara no bus.
Dispoñen de xel hidroalcólico para usar antes de subir e despois de baixar.
Contan con máscaras cirúrxicas no autobús por se hai algunha incidencia, rotura, caída para a súa reposición.
O alumnado da primeira parada de pola mañá é o que ocupará os asentos na parte final do autobús e así sucesivamente, para así evitar fluxo polo corredor ao subir e ao baixar.
A chegada ao centro é graduada e accederán por dúas entradas diferentes:
As rutas 1, 2, 3 e 4 polo portalón.
As rutas 5, 6, 7 e 9 pola cancela principal.
A saída efectuarase pola cancela en horarios graduados por cursos. Os horarios de saída poderán ser modificados, mais previamente informarásevos.
COMEDOR ESCOLAR
A Consellería asumiu o servizo de comedor do centro polo que, seguindo as instrucións de comedores, procedemos á súa organización para o seu inicio.
As familias que necesitedes facer uso do comedor tedes que solicitar a correspondente inscrición no centro (por correo electrónico ou presencial con cita previa).
Importante:
1. Teñen preferencia os usuarios e usuarias que facían uso do servizo.
2. Lede con atención a documentación e os trámites a realizar, os usuarios e usuarias de transporte non teñen que solicitar xustificante ao centro.
Máis información na páxina web do centro:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/node/1504
VARIOS
Para avisos de urxencia, é moi importante manter sempre actualizado o número de teléfono de contacto e, de producirse cambios, comunícalo canto antes.
É importante así mesmo, que esteades pendentes da páxina web do centro, pois será o medio no que figuren todas as novas, actividades que vaiamos incluíndo nela e actualizacións do contido.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/
O equipo directivo
Ningún comentario:
Publicar un comentario