INSTRUCIÓN CONXUNTA 9/2017 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA E DA DIRECCIÓN DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE ESTABLECEN RECOMENDACIÓNS SOBRE A SAÍDA DOS ALUMNOS ESCOLARIZADOS NOS CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA AO REMATE DO HORARIO LECTIVO E SOBRE A RECOLLIDA DELES NAS PARADAS ESTABLECIDAS NO TRANSPORTE ESCOLAR.
Recomendacións aplicables ao alumnado de 5º e 6º de Ensinanza Primaria, Ensinanza Secundaria, Formación Profesional e Bacharelato
"Os escolares poderán baixar sós, sempre que as persoas determinadas nesta lnstrución como responsables seus presenten no centro unha autorización expresa ao respecto, que eximirá á Consellería de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares.
Ditas autorizacións faranse chegar ás empresas de transporte para o seu coñecemento."
Por todo isto aquelas familias que optedes por esta recomendación é necesario que cumprimentedes os datos do ficheiro adxunto e o enviedes de novo por correo electrónico. Data límite 8 de setembro ás 14:00 horas.
Grazas.
Un cordial saúdo
Ningún comentario:
Publicar un comentario