Estimadas familias:
Quedando poucos días para o inicio do curso queremos trasladar o que segue:
1º O Protocolo de Adaptación do centro publicarase na web mañá pola tarde.
Algunhas familias estades a preguntar dúbidas e inquedanzas de como vai ser o curso.
A organización do curso está no noso protocolo de centro, aínda así intentaremos
respostar as dúbidas plantexadas o antes posible.
A APLICACIÓN ABALARMÓBIL estará dispoñible a partir do día 8 ou 9 de setembro
e profesorado titor comunícarase coas familias da súa titoría.
A listaxe do alumnado por cursos na web non se pode publicar.
2º As solicitudes de transporte que estades solicitando estanse tramitando todas, de
haber algún problema contactaríamos por teléfono con vós.
3º Recordade que o inicio é escalonado.
Xoves día 10: incorporase o alumnado de 5º e 6º
Venres día 11: incorporase o alumnado de 2º, 3º e 4º
Luns día 14: E. Infantil e 1º de Primaria.
4º. O período de adaptación en 4º de E.I tamén o publicaremos na web.
5º O transporte pasará por todas as paradas. Esperamos publicar os horarios das paradas
ao longo do día de hoxe.
6º. E-Dixgal. Tamén se informará do préstamo de portátiles.
7º As visitas das familias ao centro para calquer trámite son CON CITA PREVIA para
secretaría, dirección ou xefatura/ departamento de orientación seguindo as medidas de
seguridade.
Queremos transmitir moito ánimo e paciencia. E dicir, que estamos traballando e organizando todo para que o centro esté nas condicións sanitarias e hixiénicas e coas medidas que o protocolo establece.
Un cordial saúdo e grazas pola vosa colaboración!
Equipo directivo e profesorado do centro
Ningún comentario:
Publicar un comentario