mércores, 30 de maio de 2018

Charla debate sobre Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividad 6-06-2018


Estimadas familias, o próximo mércores día 6 de xuño organizarase unha charla sobre TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividad) e inclusión, exposto por Ana Fátima Gómez Suárez da Fundación INDAGA e Alba Amor Fernández do CEIP Plurilingue Manuel Murguía.

Ubicación: Edificio UNED. Rúa Educación, n3 (A Coruña) Salón de actos.
Data: Mércores día 6 de xuño
Hora: 18:30 a 20:30h

xoves, 24 de maio de 2018

Campamento de verán en Galán do 25 de xuño ao 20 de xulio


Estimadas familias,
iste verán organizase no noso centro un campamento multideporte organizado polo Judo Club Arteixo.
Os nenos terán a oportunidade de practicar diferentes deportes e actividades.
O campamento está aberto a calquera neno, independente de si estudia en Galán ou non, polo que se teñen a idade indicada, poderán participar curmans, amigos etc.
Os socios de calquera das ANPAS do concello de Arteixo disporán de  un desconto de un 10%.

Participa!!!

Datas: do 25 de xuño ao 20 de xulio
Horario: 9h a 14h (con opción de madrugadores dende as 8h e de comedor con saida as 16h)
Lugar: CEIP de Galán
Prezo: 65€/semana 14€/día individual
Madrugadores: 10€/semana 4€/día individual
Comedor: 20€/semana 6€/día individual

Información e inscripcións en: 
judoclubarteixo@yahoo.es
678 711 825
667 536 743


Axudas para adquisición de libros de texto 2018-2019. Prazo aberto.


Estimadas familias

xa está aberto o prazo para a solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto para os nenos matriculados no próximo curso 2018/19 en Educación Primaria, Secundaria e Educación Especial.

Tódolos detalles pódense consultar na publicación do DOGA do día 21

A tramitación pódese facer de xeito telemático con certificado dixital ou chave 365 en "Fondo Libros"

luns, 14 de maio de 2018

Resumo do espectáculo de maxia co Mago Benxamin

O pasado 4 de maio celebramos un espectáculo de maxia co Mago Benxamin, que nos visitou no cole CEIP de Galán e nos asombrou con espectáculo e humor. Ademáis os nenos e nenas desfrutaron dun rato de xogos mentres todos merendamos.
Moitas Gracias, a nais e pais por participar, especialmente a quen nos endulzou a tarde con biscoitos e tarta de queixo. Gracias tamén o Mago Benxamín pola disposición en todo momento e tamén a Deputación de A Coruña.






luns, 7 de maio de 2018

Programa Festiletras2018. Do 16 ao 20 de maio en Ponteceso, ACoruña


Estimados páis e nais,

deixamosvos o listado de actividades previstas para o próximo Festiletras 2018 do 16 ata o 20 de maio onde poderedes desfrutar de diversas actividades para maiores e pequenos.





mércores, 2 de maio de 2018

III Encontro Arteixo Innovación de experiencias Educatic



Xa esá aberto o prazo de inscripción para as xornadas Educatic: a electrónica, a robótica, a programación... Dende o Martes 8 de maio ata o xoves 10 os mozos e mozas poderán desfrutar e participar de experiencias tecnolóxicas e educativas diferentes as habituais.

Lugar: Centro Cívico Cultural de Arteixo
Data: Do 8 ao 10 de maio incluidos

Díptico con información e horarios
Educatic na web do concello