Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas, a nosa BiblioGalán, despois dunha formación de persoas usuarias, por fin pon en marcha toda a súa actividade programada para este curso 2022 - 2023.
Así que, este 24 de outubro todas as nenas e nenos da escola tiveron ocasión de visitar o noso espazo posto que como principal novidade, este curso recuperamos os recreos na biblio, un proxecto que ten como obxectivo, proporcionar espazos activos de lectura e de recursos de creación de contido, especialmente co ollo posto nas competencias STEAM. Para iso, cada día, en cada recreo, contaremos con distintos recantos e obradoiros temáticos que estamos seguras e seguros, farán gozar a todas e todos nós. Esta semana, o centro de actividade proposto foron distintas tarefas relacionadas co mundo de Samaín.
Para o bo desenvolvemento e funcionamento deste proxecto, contamos ca figura do alumnado voluntario, nenas e nenos de quinto e sexto de Educación Primaria que levan a cabo tarefas de control, dinamización, orde, etc. da nosa biblioteca. Unha axuda extraordinaria.
Ler máis no blogue de BiblioGalán
Ningún comentario:
Publicar un comentario