luns, 19 de xuño de 2017

POSIBLE FOLGA DE TRANSPORTE PARA MARTES E MERCORES 20 E 21 DE XUÑO

INFORMACIÓN SOBRE O COMUNICADO DE CONFAGA RESPECTO A POSIBLE FOLGA DE TRANSPORTE

Dende a ANPA, queremos informarvos de que hai fortes posibilidades (a menos que hoxe na mesa de negocación se chegue a un acordo), de que dende este martes e mércores, días 20 e 21 de xuño, se convoque unha folga indefinida de transporte (sempre serían estes dous días).

Pasámosvos ligazón co comunicado que nos pasaron dende CONFAPA, onde ven exposto que rexeitan o proxecto de converter o transporte escolar en transporte de viaxeiros con reserva de praza.


De momento, non hay nada confirmado, e non temos máis información.

Esperamos ter unha resposta rápida e contundente ao respecto ao longo do día de hoxe, para podervos informar de se hay folga ou non, e en caso de que haxa folga, informarvos sobre os servizos que se prestarán estes dous días, e durante todo o tempo que dure a mesma.