xoves, 17 de novembro de 2022

EXHIBICIÓN DE TROMPOS. POLO SAN MARTIÑO TROMPOS AO CAMIÑO

 O  xoves 10 de novembro o alumnado do CEIP de Galán asistiu no patio exterior do colexio a unha exhibición de xogos e trucos con trompos. Os máis pequenos, os de infantil, tamén baixaron ao patio e disfrutaron deles, pero tiveron uns acompañantes estupendos, os alumnos e alumnas de 5º de primaria, que lles axudaron no desprazamento xunto co profesorado. Fantástico!

Poideron visualizar como facer o búmeran, o helicóptero, o ascensor, a pista de Fernando Alonso, o Panchito cruzando a fronteira e moitos máis.

Participaron algúns alumnos e alumnas xogando co trompo seguindo as indicacións de Miguel, a persoa que realizou a exhibición de trucos cos trompos.

Gañaba o neno ou a nena que conseguía que o trompo estivera xirando máis tempo. Entregábaselle un trompo de premio. Participaron os mestres e as mestras tamén.

Unha experiencia xenial, os trucos eran impresionantes... foi un día moi divertido!

                                               Alumnado de 6º A

Ningún comentario:

Publicar un comentario