Estimadas familias,
o vindeiro xoves día 10 está programada unha actividade con trompos dende o departamento de educación física.Hai un refrán que di " Polo San Martiño, trompos ao camiño", que traducido ao castelán sería, por "San Martín, peonzas al camino".
Queríamos facervos chegar que se tedes algún trompo na casa que o traian o xoves para facilitar a realización da actividade. Imos ter trompos pero así chegarían para máis alumnado.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Departamento de E. Física
Ningún comentario:
Publicar un comentario