venres, 4 de novembro de 2022

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS PARA O ALUMNADO DE 1º CICLO

Xoves día 3:

A Xunta, por medio do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, propúxonos unha actividade gratuíta das que oferta para disfrutar dun NADAL máis seguro. 
O principal obxectivo desta actividade é advertir os principais riscos nos regalos, dar a coñecer as normas de etiquetado dos produtos e divulgar a actuación da inspección de consumo e do Laboratorio Galego do Consumo.
Realizarase unha pequena presentación en power point sobre a seguridade dos diferentes elementos do Nadal, a labor da Inspección de Consumo e do Laboratorio Galego de Consumo, a comprensión da simboloxía de riscos dos produtos e a tipoloxía de riscos segundo tipo de artigo.
 
Venres día 4:
A FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral) executa o programa “Promove, Entende, Actúa”, no cal este ano se incluíu a iniciativa educativa de informar e sensibilizar á poboación infantil galega sobre a realidade do dano cerebral adquirido elaborando materiais didáctico-educativos en colaboración coa iniciativa ‘Os Bolechas’. 
O proxecto ten como obxectivos sensibilizar á poboación infantil sobre a existencia do DCA e as súas principais causas e consecuencias e mellorar a capacidade de identificación e diagnóstico dos síntomas de alarma do ictus e do dano cerebral en xeral por parte da poboación infantil.
 
Grazas pola vosa colaboración!
Un saúdo
O equipo educativo de primeiro ciclo

Ningún comentario:

Publicar un comentario