venres, 4 de novembro de 2022

INICIO DO PROCESO DE ELECCIÓNS A CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias,

iniciouse a día 2 de novembro, o calendario de actuacións das eleccións a consello escolar, supervisado pola Xunta Electoral. O día 3 de novembro entregamos ao alumnado unha circular informativa ás familias sobre a convocatoria de elección dos representantes de pais, nais ou persoas titoras legais.

Ábrese o prazo para presentar candidaturas dos diferentes sectores da comunidade educativa, familias, profesorado e persoal de administración e servizos.

Prazo do 4  ao 11 de novembro, ambos os dous inclusive.

 

Un cordial saúdo

O equipo directivo

Ningún comentario:

Publicar un comentario