O venres 11 de novembro celebramos o Magosto. Houbo castañas asadas para todo o alumnado. Degustáronas á hora do recreo, un recreo máis longo, dunha hora de duración, onde puideron coller as castañas que repartían "os castañeiros e castañeiras", comelas, merendar e tamén xogar, pasando un día divertido.
O grupo de pandereteiras e pandereteiros, alumnado do centro, tocaron dúas pezas polo Magosto. A primeira, Pasodobre de Golmar (Laracha); a segunda Rumba de Trasmonte (Santiago). Foi moi divertido escoitalos e ver como tocaban mentres comían as castañas.
O alumnado de infantil contou cuns axudantes especiais, o alumnado de sexto de primaria, que o fixeron moi, moi ben, axudando aos máis pequenos. Parabéns!
Grazas ás familias pola colaboración para o magosto, traendo as castañas, a leña e as cestiñas. Moitas grazas!
Contamos cunha nai e cun pai, Vanesa e Albano, que nos axudaron no magosto, moitisímas grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario