venres, 27 de agosto de 2021

CAMPAÑA SOCIOS 2021-2022

 Estimadas familias:

Outro ano máis gustaríanos presentarnos e que coñezades a nosa Asociación de Nais e Pais de estudantes do CEIP Galán (ANPA), mentres que vos animamos a que colaboredes na tarefa de educar aos nosos fillos.

A través da ANPA temos a oportunidade de establecer un contacto estreito co claustro de profesores intercambiando ideas e experiencias co fin de atopar solucións aos problemas que xorden, tanto os referentes aos nosos fillos como ao centro en xeral.

Vos convidamos a coñecer o noso blog, que é o principal recurso de comunicación: anpagalan.blogspot.com. Tamén podedes seguirnos en Facebook www.facebook.com/AnpaCeipGalan/ así como trasladarnos calquer consulta a través do correo electrónico anpagalan@gmail.com.

Dende a ANPA traballamos voluntariamente, sen ningún tipo de compensación económica e animámosvos a ser socios e a colaborar activamente na asociación; é un erro pensar que só pagando a taxa anual, a maquinaria da ANPA comeza a funcionar: os fondos non serven para nada se non hai xente que os xestione.

POR QUE PERTENCER Á ANPA?

Dez razóns polas que pensamos que debes acompañarnos

(Podes engadir o décimo)

 1.- Porque a educación dos nosos fill@s é a nosa RESPONSABILIDADE, se non podemos estar motivados por eles. ¿Para quen o faremos?

2.- Porque é necesario unir esforzos e ideas para RECLAMAR aspectos que nos axuden a mellorar a calidade do ensino. Queremos ser PLURAIS.

3.- Porque xuntos, as INICIATIVAS escoitaranse e tomaranse en serio.

4.- Porque a ANPA debe traballar para ser PUNTO INTEGRADOR do Centro Escolar.

5.- Porque pode levar propostas, queixas, etc. ao Consello Escolar de nais e pais agrupados por INTERESES COMÚNS E NON INDIVIDUAIS.

6.- Porque se os pais NON SOMOS ACTIVOS E PARTICIPATIVOS, como explicamos aos nosos fill@s que deben ser persoas implicadas na sociedade.

7.- Porque gran parte das ACTIVIDADES que se levan a cabo no centro para o DIVERTIDO COMÚN dos nen@s está organizada pola ANPA, a festa do entroido, o magosto, festa de fin de curso e outras actividades que teñen que ver coa formación e desenvolvemento dos nosos fill@s.

8.- Porque podedes gozar de todas as vantaxes e beneficios que pode ter a asociación, subvención e gratuidade para as colonias e outras actividades.

9.- E sobre todo, porque de maiores LEMBRARÁN como os seus pais participaron  na vida escolar e copiarán o modelo co seus fill@s, disto estamos seguros.

10.- …………………………………………………………………………………..…

ANIMÁDEVOS.....

Ningún comentario:

Publicar un comentario