venres, 6 de agosto de 2021

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2021-2022

 Estimadas familias,

todas as solicitudes de usuarios/as con dereito a transporte están tramitadas e todo o alumnado conta con praza de transporte.

Para manter a condición de usuario ou usuaria con dereito, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos na totalidade das semanas do curso 2021-22. No caso de darse esta situación, de non facer uso continuado, perderían a condición de usuario/a con dereito e, conseguintemente, non terían acceso preferente ao comedor escolar.

As autorizacións excepcionais de transporte están pendentes de resolución ata o mes de setembro.

A ter en conta polas familias. O feito de obter estas autorizacións excepcionais non outorga dereito no futuro. Con motivo da previsible entrada en funcionamento o 1 de decembro de 2021 dos novos contratos de transporte escolar que se está a licitar, de non haber capacidade nos autobuses que vaian a realizar as rutas, decaerán as autorizacións excepcionais que se tivesen concedido.

No artigo 5º da Instrución conxunta 1/2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Dirección Xeral de Mobilidade, do 25 de xuño, sobre a xestión de transporte escolar 2021-22 figura a orde de prelación na concesión de autorizacións excepcionais no caso de insuficiencia de prazas no vehículo.

Un cordial saúdo

O equipo directivo

Ningún comentario:

Publicar un comentario