Estimadas familias,
a día 20 de xullo publícanse as listas definitivas, todas as solicitudes están admitidas, un total de 89. O número de prazas autorizadas é de 100 usuarios e usuarias.
O desenvolvemento do servizo será en dúas quendas. Dos horarios e resto de organización teredes información antes do comezo das clases.
O servizo de comedor escolar comeza co inicio do curso, o día 9 de setembro.
Recordade:
Presentación do Modelo, Anexo II, autodeclaracións e especificacións, do 1 ao 6 de setembro, na Secretaría, con cita previa. O horario de atención ao público do vindeiro curso publicarase nesta web.
No taboleiro de anuncios do centro tedes expostas as listas e copias impresas do Anexo II á vosa disposición.
Nesta páxina en ficheiros adxuntos tedes tamén o Anexo II e as aclaracións a ter en conta sobre a renda neta per cápita do exercicio 2020.
Un cordial saúdo
O equipo directivo
Ningún comentario:
Publicar un comentario