Con motivo do comenzo do novo curso escolar nos centros escolares de primaria de Ponte dos Brozos, Arteixo, Galán e Meicende, desde a Piscina Municipal ofértase a actividade de natación escolar a todos aqueles alumnos de ensinanza primaria que estean interesados.
Todos os interesados poderán inscribirse na recepción da piscina municipal de Arteixo nos días que lles corresponda ao seu centro. Prazas limitadas por riguroso orde de inscripción. O importe da actividade é de 25,28€ abonados/sócio e de 50,56€ eventuais por curso (8 meses, dende Outubro ata Maio).
O prazo de inscripción comprende:
- Escolas unitarias: desde o luns 27 ata o xoves 30 de setembro
- CEIP Ponte dos Brozos: desde o luns 27 ata o xoves 30 de setembro
- CEIP Arteixo: dende o mércores 23 ata o domingo 26 de setembro
- CEIP Galán: dende o luns 20 ata o mércores 22 de setembro
- CEIP San Xosé Obreiro: dende o venres 17 ata luns 20 de Setembro
O importe é 25,28€ / tempada para socios e abonados e, 50,56€/ tempada para eventuais (a tempada son 8 meses, dende Outubro ata Maio, seguindo o calendario escolar).
Esta actividade desenvolverase 1 día á semana durante 45 minutos. Os horarios dispoñibles son:
- CEIP Ponte dos Brozos
- Mércores ou Xoves ás 16:00 horas (Servizo de transporte non incluído) para os nenos que veñen dende o colexio e para os que non usan transporte escolar. Un monitor recollerá aos nenos no comedor do CEIP Ponte dos Brozos. Ao rematar a actividade os pais teñen que recoller aos nenos na Piscina Municipal.
- Mércores ás 16:45 horas (Servizo de transporte incluído) para os nenos que veñen en autobús desde a súa casa, nos horarios e paradas que lle serán dados na piscina municipal
- CEIP Arteixo
- Luns ou martes ás 16:00 horas (Servizo de transporte non incluído) para os nenos que veñen dende o colexio e para os que non usan transporte escolar. Un monitor recollerá aos nenos no comedor do CEIP Arteixo. Ao rematar a actividade os pais teñen que recoller aos nenos na Piscina Municipal.
- Mércores ás 16:45 horas (Servizo de transporte incluído) para os nenos que veñen en autobús desde a súa casa, nos horarios e paradas que lle serán dados na piscina municipal
- CEIP Galán (Servizo de transporte incluído)
- Luns ou martes ás 16.45 h
- Os nenos/as terán servicio de transporte para esta actividade, nos horarios e paradas que lle serán dados na piscina municipal
- CEIP Meicende (Servizo de transporte incluído)
- Xoves ás 16.45 h
- Os nenos/as terán servicio de transporte para esta actividade, nos horarios e paradas que lle serán facilitados na piscina municipal
- Escolas Unitarias
- Mércores ás 16.45 h (Con transporte)
- Os nenos/as terán servicio de transporte para esta actividade, nos horarios e paradas que lle serán facilitados na piscina municipal
A actividades está dirixida a alumnos de ensinanza primaria. Prazas limitadas por riguroso orden de inscripción
Para mais información e inscricións diríxanse á recepción da Piscina Municipal ou no teléfono 981633444.
Ningún comentario:
Publicar un comentario