Estimadas familias,
comezado o día 1 de setembro o novo curso escolar 2021-2022 queremos transmitir unha mensaxe de benvida e un saúdo ás familias, en nome do persoal docente e non docente e aproveitar para informarvos dalgúns aspectos de funcionamento, en base ás instrucións do protocolo de adaptación para o curso 2021-2022.
O curso iniciase o día 9 de setembro cos servizos que ofrece o centro: servizo de mañanceiros, actividades extraescolares e comedor.
O horario é de 9.00 a 14.00 horas. Flexibilizaremos o horario dentro da última hora lectiva para a saída do centro e o inicio do servizo de comedor, segundo contempla o protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19. A saída do centro efectuarase ás 13.40 horas.
O servizo de comedor é de 13.40 a 15.40 horas. O alumnado que asista á actividades extraescolares permanecerá custodiado no centro ata o comezo das actividades.
O alumnado do servizo de comedor poderá ser recollido pola súa familia nas franxas horarias: 15.00/15.15/15.30 horas.Teredes máis información do servizo de comedor na vindeira sermana. A entrada do alumnado transportado farase ás 8.50 horas. A entrada do alumnado non transportado será ás 9.00 horas. O centro pecharase ás 9.05 horas.
Publicaremos na páxina web a información do curso escolar.
Un cordial saúdo
O equipo directivo
Ningún comentario:
Publicar un comentario