luns, 14 de xuño de 2021

DATAS DO CEIP DE GALÁN .VALES E FONDO DE LIBROS.

 LISTAXES DE LIBROS DO FONDO E ENTREGA DE VALES

 

2 de xullo: Publicación das listaxes provisionais do fondo de libros.

 

5 e 6 de xullo: Reclamación ás listaxes provisionais.

 

8 de xullo: Publicación de listaxes definitivas.

 

5 e 6 de xullo (de 9:15 a 13.30 h): Entrega de vales para a adquisición de libros de texto e material.

AUTORIZACIÓN PARA A RECOLLIDA DE VALES ( Actualizado 23 de xuño de 2021)

Axudas de libros de texto e vales de material(Actualizado 14/06/2021)

O centro docente publicará no taboleiro de anuncios a relación de solicitudes con indicación das deficiencias detectadas ou documentación da que carezan, para que a persoa solicitante, no prazo de dez (10) días, emende as deficiencias ou remita os documentos preceptivos.

Cando a persoa interesada emende as deficiencias da solicitude ou da documentación, o director ou o persoal que designe procederán a validalas, a comprobar a renda (artigo 17.1.c) e a xerar e entregar o vale para adquirir libros de texto ou o vale para adquirir material escolar (artigo 23).

Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estaren presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda.

 

Emenda de erros detectados nos vales: 10 días desde que se recibe o vale.

 Os vales que queden sen entregar poderán recollerse a partires do día 01 de setembro na Secretaría do Centro en horario de 09:30 a 12:30 horas.

EN SETEMBROEN DATA E HORA QUE SE COMUNICARÁ PREVIAMENTE: ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO DO FONDO ÁS FAMILIAS DE 3º e 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

Avisos:

Publicación das listaxes no taboleiro de anuncios interior do centro.

- Non se dará información por teléfono por tema de protección de datos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario