mércores, 1 de marzo de 2023

INICIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO (ACTUALIZACION)

 PRAZO: DO 1 AO 20 DE MARZO

 

. Forma de presentación: electrónica e presencial

a) Presentación electrónica de solicitude (ED550B):

1º. A persoa solicitante ten que acceder á aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumando) e cubrir o modelo ED550B – anexo II, para o que necesariamente ten que dispoñer dun certificado de identidade e sinatura dixital (como o certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre ou calquera outro admitido pola sede) ou un sistema de usuario e clave como a Chave365.

2º. Ademais, terán que cubrir o modelo anexo II-bis (comprobación de datos e consentimento), segundo corresponda, imprimilo, e unha vez asinado de forma manual pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora, escanealo.

3º. A seguir, a aplicación permite conectar coa sede electrónica da Xunta de Galicia para asinar e presentar a solicitude utilizando calquera dos medios de identidade e sinatura do punto 1º.

Xunto coa solicitude deberá achegar o anexo II-bis e o resto de documentación que, de ser o caso, fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas...).

4º. O xustificante da presentación electrónica da solicitude ( ED550B) só se xera cando a persoa a asine e a presente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e indica a data de presentación.

5º No caso de solicitudes de admisión (ED550B), o número que aleatoriamente lle asignou aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación (que se terá en conta, de ser o caso, para desempatar) poderá consultarse, xunto co estado de tramitación da solicitude, na devandita aplicación.

b) Presentación presencial de solicitude (ED550B):

1º. A solicitude de admisión ordinaria (ED550B) e o anexo II-bis, no centro docente indicado en primeiro lugar.

En ambos casos, tamén se poden presentar en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2º. Tamén deberá ir acompañada da documentación indicada no anterior punto 3º da letra a).

3º. A asignación aleatoria do número para os efectos de desempate, prodúcese no momento da gravación da solicitude na aplicación admisionalumnado por parte do centro.

Polo tanto, se a gravación é simultánea á presentación, o centro entrégalle á persoa solicitante o xustificante xerado na aplicación, que indicará a data de presentación da solicitude e o número aleatorio asignado.

Se por motivos organizativos ou de xestión do centro, a gravación ten lugar nun momento posterior á presentación, entregaráselle un xustificante no que constará a data de presentación e selo do centro.

Cando o número de solicitudes sexa superior ao de postos, ás persoas interesadas poderán consultar o número aleatorio asignado pola aplicación na listaxe que se publique o 21 de marzo de 2023.

En todo caso, tanto este número como o estado de tramitación das solicitudes, poderán consultarse en calquera momento na aplicación admisionalumnado, mediante certificado dixital ou Chave 365.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

  • Copia do Libro de Familia onde aparezan todos os membros da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza xudicial e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • Copia dos DNI do solicitante e dos demais membros da unidade familiar. En caso de que as persoas proxenitoras ou titoras carezan de DNI ou NIE, certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais.
  • Documentación pertinente no caso de solicitude de prazas NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo).
  • Para alumnado doutros colexios, ademáis da documentación anterior, un certificado de matrícula do centro do que procede.

HORARIO DE ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN EN SECRETARÍA

De luns a venres de 9:05 a 13:30

CRITERIO COMPLEMENTARIO DE DESEMPATE ESTABLECIDO POLO CENTRO

1 punto por solicitar en primeiro lugar un colexio público

 

 Renda per cápita da unidade familiar. Información

Inclúe as cantidades obtidas da base impoñible xeral (Casiña 435) máis a base imposible do aforro (Casiña 460) da declaración do imposto sobre a renda das persoas física no exercicio 2021, dividida entre o número de membros computables da unidade familiar a data 1 de marzo de 2023.

Cando non se presentase declaración, teranse en conta os ingres de acordo cos datos facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Para determinar a puntuación utilízase o Indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) anual de 2021, e que está fixado en 6.778,80 € na disposición adicional centésima vixésima primeira da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de Orzamentos xerais do Estado para o ano 2021.

ED550B-G Admisión en galego

ED550B-C Admisión en castelán

Ningún comentario:

Publicar un comentario