xoves, 7 de xaneiro de 2021

Admisión de alumnado - modificación da orde do 12 de marzo de 2013 no procedemento

 

ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I.

O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro.

É NECESARIO SOLICITAR CITA PREVIAMENTE PARA TRAMITAR A RESERVA DE PRAZA      

Quenes teñen que presentar a reserva de praza? O alumnado de 6º de Educación Primaria que continúe os seus estudos no IES de Pastoriza.

 

O formulario normalizado tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación».

ANEXO 1

ANEXO 1 bis

Ligazón ao portal educativo

Ningún comentario:

Publicar un comentario