luns, 14 de decembro de 2020

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA ( Orde do 6 de novembro de 2020)

 Estimadas familias:

 

O venres 8 de xaneiro de 2021, comezará o reparto de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria que ten dereito segundo a Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG do 13 de novembro).

 

É necesario solicitar cita previamente no teléfono: 881880903

 

As máscaras poderán recollelas:

Un dos proxenitores.

O titor legal ou a titora legal.

Outra persoa autorizada. (Modelo)

 

Que asinará a recepción das máscaras. En todo caso, será necesaria a identificación con DNI ou NIE.

 

Datas: do 8 ao 15 de xaneiro

 

Horario: 9:30 a 11:30 h.

 

O día de recollida das máscaras:

 

Débense ter en conta as medidas xerais de protección para os visitantes: uso de máscara, hixiene de mans, etc.

O persoal de conserxería indicará cando é posible entrar no recinto escolar, pois só pode permanecer unha persoa en secretaría facendo os trámites.

No caso de persoa autorizada, coa autorización deberá traer unha fotocopia do DNI/NIE da persoa que autoriza para facer o trámite.

 

Un saúdo,

 

O equipo directivo

venres, 4 de decembro de 2020

PARTICIPACIÓN NA CAMPAÑA DE NADAL" MÁSCARAS SOLIDARIAS".

 Bos días.

Dende mañá teredes as máscaras colocadas nos establecementos. Adxuntamos un pdf coa listaxe onde estarán expostas as máscaras de cada clase. 

Cando donedes os alimentos podedes compartir unha foto en redes sociais baixo o hashtag #ArteixoSolidario, e poden etiquetarnos (@arteixocca ) e tamén ao Banco de Alimentos Rías Altas (@balrial). Deste xeito poderemos sensibilzar a máis xente para que donde alimentos.

Lembrade que ese é o obxectivo principal, que coas máscaras que fixo o alumnado, calquer persoa, incluso que non teña fillos nos vosos centros, done alimentos recollendo como premio unha máscara. Polo que se algún neno ou nena non atopa a súa no establecemento, é porque esa máscara cumpriu a súa función de sensibilización social. Igualmente, hai algunha máis en branco na oficina do CCA Arteixo (rúa Mestre Mateo nº10 baixo) por se acaso.

LOCALES MÁSCARAS SOLIDARIAS 

Ás máscaras do CEIP galán están aquí:

LIBRERIA MINA

Moitas Grazas....

xoves, 3 de decembro de 2020

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE CENTROS ADMITIDOS NO PLAN PROXECTA

 DONAS DE SÍ. PLAN PROXECTA

( páxina 25 do documento, CEIP de Galán)

XOGOS DE RECREO PARA TEMPOS DE COVID

 

Añadir título

                            Comisión de Convivencia do CEIP de Galán

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS. LISTAXE DE ADMITIDOS.

 Publícanse a día 30 de novembro de 2020, no taboleiro interior do centro, a listaxe de admitidos.

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión, e á relación provisional e definitiva de solicitudes concedidas. Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

Todo o alumnado que solicitou a axuda para material escolar e que lle foi concedida está  incluído na listaxe de admitidos.

O CONCELLO DE ARTEIXO REPARTIU MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DO CENTRO

 Co motivo do 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de Arteixo entregou máscaras no centro para repartir ao alumnado e ao persoal docente.

O venres día 27 de novembro fíxose a entrega.

O Concello informou sobre as características das máscaras segundo certificación da empresa proveedora.

" La empresa certifica que las mascarillas bicapa suministradas al Concello de Arteixo para la campaña de 25N, están fabricadas con tejido exterior 100%PES y el tejido interior TEC7191 del fabricante Textil Manly, SA, 80% PES, 20%PA, que cumple la normativa Une 0065 a 10 lavados y la normativa europea CWA17553 con 50 lavados"



luns, 23 de novembro de 2020

25 de Novembro de 2020. Día Internacional contra a violencia de xénero.

 


Este curso para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, proponse dende o equipo de actividades complementarias e extraescolares crear lemas que fomenten a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero.

Serán lemas nos que se traballe a concienciación e a sensibilización sobre o que supón a violencia de xénero.

Lugar de exposición dos lemas:

TABOLEIROS ANEXOS ÁS AULAS DE 4º, 5º e 6º.


PARTICIPACIÓN NA CAMPAÑA DE NADAL" MÁSCARAS SOLIDARIAS".

 O centro participa na campaña de Nadal " MÁSCARAS SOLIDARIAS " organizada polos comercios de Arteixo.

A actividade consiste en pintar máscaras. Son máscaras simbólicas, non levan os procesos de hixienización nin homologación para ser consideradas equipos de protección. Estas máscaras estarán expostas nos distintos comercios de Arteixo. A actividade é igual que en anos anteriores, consiste en intercambiar a máscara por alimentos para doar.

O equipo de actividades complementarias e extraescolares.

luns, 16 de novembro de 2020

20 NOVEMBRO- DIA UNIVERSAL DA INFANCIA



 

NOVAS. DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

 Orde do 6 de novembro de 2020, publicada no DOG do 13-11-2020, regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros docentes públicos.

 

1. O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE.

 

2.  O alumnado que NON foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

  • Matriculado en educación especial.

  • Suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

  • Cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Pode presentar solicitude do 16 ao 27 de novembro na Secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00 horas, solicitando cita no telf.881880903.

Ligazóns:

Orde do 6 de novembro de 2020

Anexo 1

martes, 10 de novembro de 2020

SERVIZO DE COMEDOR. NOVOS HORARIOS

 Estimadas familias:

Unha vez comezado o servizo de comedor e ante algunhas peticións de ampliación do horario de saída, ofrecemos desde o centro a posibilidade de tres turnos para recoller ao alumnado ( 15:00 h, 15:15h e 15:30 h) .

Ademais a Concellería de Igualdade e Servizos Sociais, Sanidade e Educación pon en marcha un servizo de conciliación LudiConcilia para o período de transición entre o remate do servizo de comedor e o inicio das actividades extraescolares,  en horario de 15:00 a 16:00 h.

( Acceso ao servizo mediante inscrición no Departamento de Educación ( de luns a venres de 9:00 a 14:00h).

Estes horarios serán efectivos a partir do luns día 16 de novembro de 2020.

Un cordial saúdo

EDUCACIÓN FACILITA A CONCILIACIÓN DO ALUMNADO DE GALÁN DENDE QUE FINALIZA O SERVIZO DE COMEDOR ATA O COMEZO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación pon en marcha un servizo de conciliación para o período de transición entre o remate do servizo de comedor e o inicio de actividades extraescolares no CEIP Galán

O necesario cambio no CEIP Galán da forma de execución do servizo de comedor leva a que a Xunta de Galicia xestione o comedor e o Concello de Arteixo o servizo de LudiConcilia como atención ao  alumnado que necesita estar no centro despois do comedor e así poder facilitar ás familias a conciliación tamén nos horarios posteriores á xornada escolar.

Para acceder ao servizo hai que cubrir o modelo normalizado adxunto e entregalo Entregando no Departamento de  Educación, en horario de atención ao público, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas; ou enviandoo ao correo electrónico educacion@arteixo.org

As prazas adxudícanse por rigurosa orde de inscrición na que terase en conta a hora e data de entrada a través de correo electrónico ou de entrega no departamento de Educación. Unha vez cubertas as prazas dispoñibles, as solicitudes incluiranse en listaxe de agarda.

Condicións xerais do servizo:

  • A posta en marcha do servizo queda supeditado a que exista un nº mínimo de persoas inscritas (5 persoas/día).
  • O servizo prestarase nos días lectivos estipulados no calendario escolar para o curso 2020/2021 pola Consellería de Educación.
  • O servizo atenderá ao alumnado usuario do comedor
  • O horario de LudiConcilia é de 15:00 h a 16:00 h.
  • É de obrigado cumprimento protocolo COVID vixente no centro.

Prezo Público: O determinado pola ordenanza fiscal número 34 ou normativa que a substitúa. A contía é de 1,50 €/día

Forma de pago: Aos efectos de proceder ao pago do servizo, establécese o seguinte procedemento:

    • Nos 5 primeiros días do mes emitirase recibo cos días de asistencia solicitados. Os cambios de días de asistencia deberán comunicarse antes do día 25 do mes anterior ao que se produzan para que non se inclúan no recibo.
  • A non asistencia ao servizo nos días solicitados non suporá a redución do prezo público agás que se comunique nas datas indicadas ao efecto.
  • As familias comunicarán se prefiren recoller o recibo no departamento de Educación ou recibilo a través de correo electrónico.
    • En calquera caso, deberá entregar xustificante de ter efectuado o pago. O impago dun mes implicará a baixa inmediata no servizo.

Prazo de inscrición: A partir do 10 de novembro e ata completar capacidade (segundo ratio que o protocolo COVID e as medidas sanitarias vixentes estipulen no momento de formular a preinscrición).

IMPORTANTE: Debido á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 a inscrición na actividade non garante a súa continuidade ao longo do curso escolar. Adaptarase ás indicacións e normativa vixente ditada en cada momento polas administracións con competencias na materia.

FORMULARIO INSCRICIÓN LUDICONCILIA

venres, 6 de novembro de 2020

ESPAZOS PARA O SERVIZO DE COMEDOR DO CURSO 2020-2021

 Os sitios son fixos para todo o curso e están organizados por aulas. No comedor e na aula de mañanceiros e mañanceiras instalaronse mamparas de protección. O centro educativo asumiu a instalación das mamparas no comedor e o Concello de Arteixo na aula de mañanceiros.

Se picades nos adxuntos  podedes ver os espazos preparados para o xantar, algúns sitios están baleiros porque non está todo o alumnado que solicitou a praza. Cada cadeira ten o nome do alumno ou alumna para a súa ubicación.

Un cordial saúdo.

ESPAZO DE COMEDOR NO CENTRO

ESPAZO HABILITADO: AULA DE VIDEO

ESPAZO AULA DE MAÑANCEIROS E MAÑANCEIRAS

venres, 30 de outubro de 2020

ACLARACIÓNS SOBRE FINALIZACIÓNS DE CORENTENAS ( SERGAS)

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/system/files/u2/Aclaraci%C3%B3n%20corentenas.pdf

SERVIZO DE COMEDOR

 Estimadas familias:

o servizo de comedor comeza o luns día 2 de novembro. Todas as solicitudes están admitidas.

Empresa: Jardanay. Os menús colgaranse na páxina web do colexio.

Horario do xantar: 13:45-14:00 horas

Horario de recollida do alumnado: 15:00 horas e remate do servizo de comedor. Flexibilizase a última sesión lectiva.

O alumnado permanecerá no seus postos ata o remate do comedor. Non haberá tempo de lecer nin antes nin despois do

xantar. Os espazos habilitados son o comedor, a sala de mdrugadores e a aula de vídeo.

No comedor e na sala de madrugadores as mesas contarán con mamparas. Na aula de vídeo as mesas son individuais.

A recollida do alumnado será no exterior do centro.

Polo de agora nada máis, só dicir que o servizo seguirá o protocolo da Consellería e que teredes información sobre o mesmo.

Importante: Notificar á cada titor ou titora por escrito que se queda a comedor.

Para o alumnado de 5º e 6º que marche á súa casa sen acompañamento de adultos, as familias terán que cumprimentar unha

autorización que se facilitará polo alumno ou alumna na vindeira semana.

Calquera modificación que poida xurdir, en vista da situación na que nos atopamos, seredes informados mediante AbalarMóbil e páxina

web.

Un  cordial saúdo

O equipo directivo

 

INICIO DO SERVICIO DE COMEDOR

 


mércores, 28 de outubro de 2020

RECORDATORIO PROTOCOLO USO DE MÁSCARAS

 Estimadas familias,

envíase un recordatorio xeral sobre as máscaras. É necesario que as máscaras sexan as homologadas e no caso das de tela seguir as indicacións de uso das mesmas, lavado, duración, etc.

No seguinte enlace do https://www.who.int/es/emergencies/diseases/novel-coronavirus-2019/advice-for-public/when-and-how-to-use-masks da Organización Mundial da Saúde tedes información.

Cartel explicativo sobre o uso da máscara. CARTEL USO DE MÁSCARA

Nos espazos do centro temos entre outros estes carteis informativos do protocolo COVID.

Un cordial saúdo e  moitas grazas pola vosa colaboración.

CAMBIOS NOS PROTOCOLOS. COMUNICADO ACLARATORIO OFICIAL.

 Estimadas familias,

envíase información oficial do protocolo, ante o número de chamadas recibidas no centro no caso de irmáns conviventes cun contacto sospeitoso. Por outra banda,  informarvos que tedes que seguir as instrucións que vos indique o persoal sanitario.

A dirección do centro.

PROTOCOLOS DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO
FRENTE AO VIRUS SARS-CoV-2 (COVID-19) NO ÁMBITO
EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

Este documento estará en permanente revisión e actualización e dispoñible na páxina web corporativa do Servizo Galego de Saúde a través da seguinte ligazón:
https://coronavirus.sergas.gal/

Versión 3: 09/10/2020 (en vigor)
Cambios nesta versión:
Na páxina 6 elimínase a indicación de que “permanecerán no domicilio os irmáns/ás do caso sospeitoso escolarizados no mesmo centro ata o resultado das probas”,

pola indicación de que “Os conviventes dunha persoa con síntomas compatibles coa Covid (alumno/a ou profesional) que se encontre á espera do resultado, evitarán as interacións sociais que sexan prescindibles ata que se confirme o resultado pero non será necesario que garden corentena no domicilio, podendo acudir tanto á escola como ao seu posto de traballo.”

luns, 26 de outubro de 2020

30 DE OUTUBRO DE 2020. HOXE O MEDO SON EU!

 Picade na cabaza para ver como imos celebrar este ano o SAMAÍN.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/system/files/u2/samain%20en%20galan%202020.pdf

Máis actividades:

- Exposición de libros coa temática do Samaín na semana do 26 ao 30 de outubro.
- Exposición dos debuxos das mascotas, expoñendo o gañador e os “finalistas”, procurando que teñan representación todas as clases.

- Publicación do gañador ou gañadora no blogue da biblioteca e no taboleiro do centro.

Un saúdo

Equipos: Bibliteca, EACE e EDLG do centro.

xoves, 15 de outubro de 2020

Inscrición fóra de prazo no comedor escolar

Estimadas familias:

Recordamos que é posible solicitar o servizo de comedor fóra de prazo.

Informamos que se tramitaría como no prazo ordinario:

- Envío de solicitude e documentación.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/system/files/u2/SOLICITUDE%20DE%20COMEDOR%202020-2021.pdf

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/system/files/u2/AUTODECLARACI%C3%93N.pdf

Documentación que está dispoñible na páxina web do colexio " servizos complementarios-comedor". 

Enviar por correo electrónico: ceip.galan@edu.xunta.gal ou presencialmente con cita.

No comedor seguiranse as medidas sanitarias recomendadas no protocolo.

Calquera dúbida podedes poñervos en contacto co centro.

Un saúdo

INFORMACIÓN FAMILIAS QUE SOLICITASTES O SERVIZO DE COMEDOR

 Estimadas familias,

Informamos de que hai actualmente 70 usuarios e usuarias admitidos para o comedor escolar. Ante este número de alumnado inscrito é inviable poñer en funcionamento o servizo neste momento.

Seguiremos informando de todo o que vaia acontecendo ao respecto.

No comedor seguiranse as medidas sanitarias recomendadas no protocolo de comedores.

A directora

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protocolo_comedores_16_09_20.pdf

mércores, 14 de outubro de 2020

ACLARACIÓN DO CONCELLO PARA AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 Bo día,

as actividades extraescolares educativas e deportivas do CEIP Galán contan con ocioteca e transporte coma en cursos anteriores.

O servizo de ocioteca está destinado exclusivamente ao alumnado de transporte e/ou comedor no día que se imparta a actividade na que se atopa inscrito.

O prazo de inscrición está aberto e as actividades poñeranse en funcionamento cando acaden un número mínimo de participantes.

Un saúdo

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS DO SERVIZO DE COMEDOR

 Estimadas familias,

publicamos as listas definitivas no taboleiro de anuncios do centro, dicir que:

- Están admitidos e admitidas a relación provisional de alumnos e

alumnas.

- Hai 2 solicitudes en lista de reserva ou espera, presentadas fóra de

prazo.

Por outra banda o centro está a organizar os espazos e todo o que conleva o

servizo. Cando teñamos todo organizado informaremos do seu inicio e

funcionamento.

Un cordial saúdo

 

xoves, 8 de outubro de 2020

Novo blogue da Biblioteca do CEIP de Galán

 Desde o Equipo de Biblioteca  dámosvos a benvida ao novo blogue

da biblioteca do centro. Para acceder a el non tedes máis que picar

na ligazón da dereita desta páxina. Esperamos que vos guste!

Un saúdo!


https://bibliogalan.blogspot.com/

venres, 2 de outubro de 2020

Contacto co centro

Para facilitarvos o contacto co centro podedes facelo por:

- e-mail: ceip.galan@edu.xunta.gal

- nos teléfonos:

Administrativa: 881880903

Dirección:881880902

Xefatura:881880901

Secretaría:881880907

Orientación:881880904

xoves, 1 de outubro de 2020

PRAZO PARA INSCRICIÓN NO SERVIZO "MAÑANCEIROS" NO CEIP GALÁN

Informamos de que se abre prazo para inscrición no Servizo "Mañanceiros" no CEIP Galán para

alumnado madrugador coa finalidade de cubrir necesidades de conciliación familiar.

Un saúdo e grazas pola súa colaboración.


Concellaría de Educación
Concello de Arteixo


martes, 29 de setembro de 2020

A pandemia modifica o procedemento de inscrición no programa de actividades deportivas extraescolares

 Debido ao estado de alerta sanitaria actual e debido ás restricións de aforo existentes e recollidas nas diferentes resolucións da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, desde a Concellaría de Deportes comunicamos que o procedemento de inscrición no Programa de Actividades Deportivas Extraescolares para o curso 2020/2021 será a través de inscrición directa no grupo e horario desexado, cumprindo o aforo máximo de cada un dos espazos e unha ratio docente/alumno de 1/9. No caso que sexa necesario poderase incrementar a oferta se existe dispoñibilidade de espazo.

A data de inscrición comeza o luns 5 de outubro. O inicio das actividades terá lugar na semana seguinte á formalización da inscrición e pago de matrícula.

A inscrición poderá facerse na oficina do Servizo Municipal de Deportes ou a través do correo electrónico deportes@arteixo.org co impreso que poderá descargarse na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público con cita previa (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org. Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

NORMAS ESPECÍFICAS MOTIVADAS POLA COVID-19. Debido á situación de emerxencia sanitaria motivada pola Covid-19 e co fin de garantir a seguridade das persoas que van realizar a solicitude de actividades, establécense as seguintes normas:

  • Obriga de solicitar cita previa. O  alumnado  deberá  solicitar  cita  previa  antes de  acudir  ao Servizo Municipal de Deportes
  • Poderase solicitar cita previa do seguinte xeito:
  • Unha mesma persoa pode formalizar varias solicitudes, de esa persoa ou de familiares.
  • Deberase acudir á cita con puntualidade, de tal forma que non se formen colas.
  • No  momento  de  espera  para  acceder  á  instalación  deberase  gardar  a  distancia obrigatoria de 1,5 metros.
  • E obrigatorio levar máscara en todo momento.

 

  • Servizo de Ocioteca dirixido só para o alumnado que empregue regularmente o servizo de comedor e asista a algunha actividade extraescolar o día no que solicita a inscrición na ocioteca. É obrigatorio facer unha inscrición previa.
  • Número de prazas limitadas. Precísase un número mínimo de 5 participantes para levar a cabo a actividade
  • Prezo Público e forma de pago: determinado pola ordenanza fiscal número 34 ou normativa que a substitúa.
  • Formas de pago:
    • Abonar o importe total nun só pago: xunto coa inscrición.
    • Abonar en dous prazos (cando o prezo a aboar  por alumno sexa superior a 50 €)
      • Xunto coa inscrición: 50 %
      • 1-20 febreiro: 50%
  • A baixa na actividade ao longo do curso non exime do pago do segundo prazo.
  • Importante: en aplicación das normativas dos centros, queda terminantemente prohibida o acceso e a permanencia no recinto escolar  das persoas acompañantes do alumnado que asiste á actividade.


venres, 25 de setembro de 2020