“Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto”, di o refrán.
Na súa orixe, o magosto era unha festa en torno ao lume e as castañas
asadas coa que os galegos e galegas honraban as colleitas.
O lume nas frías noites de primeiros de novembro convidaba a compartir
contos e lendas antigas. O magosto tradicional enténdese como unha
merenda, a base de castañas asadas, que se celebra no mes de novembro,
entorno a data do San Martiño. Encéndese o lume ata facer brasas, enriba
póñense parrillas furadas e ás castañas dánselles voltas cun pau ata que
están ben asadas.
E en Galán, o venres 12 de novembro, os participantes do magosto
foron os nenos e nenas desde cuarto de infantil ata sexto de primaria,
quenes disfrutaron do día tomado as castañas, en grupo-clase, á hora do
recreo, un recreo especial porque foi ademais máis longo. Non houbo
xogos coas castañas como outros cursos por protocolo Covid pero aínda así
degustaron as castañas que asaron os mestres e mestras Sandra, Miguel,
Paco e Miriam.
Toda unha organización: parrilla, leña, lume, castañas, traxes de
castiñeiras e castiñeiros, cestiños para botar as castañas e as tonas,
cucuruchos de papel par encher de castañas, moita, moita alegría ... e un
día estupendo!
Os nosos nenos e nenas pasárono moi ben e as castañas estaban boísimas!
Un día especial e diferente no CEIP de Galán!
Moitas grazas ás familias porque fixeron posible tamén o Magosto!
Aquí tedes unhas fotos de mostra
Ningún comentario:
Publicar un comentario