O Samaín é unha festa de orixe celta que se vén celebrando en Galicia dende fai millleiros de anos.
A finais do mes de outubro, os antigos pobos celtas conmemoraban o final da colleita, coñecida como Samaín,que significa “final do verán”. Crían que a noite do 31, os espíritos dos mortos volvían á vida para visitar o mundo dos vivos, polo que realizaban distintos rituais para protexerse.
Un dos ritos da noite de Samaín, consistía en baleirar cabazas e meter no seu interior carbón ardendo para alumear or egreso dos difuntos e alonxar aos espíritos non desexados.
Na actualidade, seguimos alumeando e decorando cabazas na noite de Samaín, como facían os nosos ancestros.
O venres 29 de outubro celebrouse a festa do Samaín no centro.
Como xa é tradición, no CEIP de Galán, fíxose unha exposición coas cabazas que trouxeron os nenos e as nenas e na que as familias do centro participaron arreo.
Escolleron cabazas e decoráronas como máis lles gustaron. Cabazas terroríficas, graciosas, coquetas, de medo, de personaxes…
O alumnado veu disfrazado, pero sen complementos, con disfraces terroríficos. E as profes e os profes tamén!
Hai que resaltar que houbo máis sorpresas, poideron disfrutar ou asustarse na pasaxe do terror, sacar a foto de grupo no photo call e por suposto ler e escoitar contos, moitos, moitos contos de medo.
O alumnado viviu unha xornada totalmente terrorífica e pasouno moi ben.
O equipo de EACE e de Biblio agradece a colaboración de toda a comunidade educativa nesta festa que tanto gusta aos nenos e nenas e tamén aos que non son tan pequenos.
Teredes fotos na Galería moi pronto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario