Estimadas familias,
envíase información oficial do protocolo, ante o número de chamadas recibidas no centro no caso de irmáns conviventes cun contacto sospeitoso. Por outra banda, informarvos que tedes que seguir as instrucións que vos indique o persoal sanitario.
A dirección do centro.
PROTOCOLOS DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO
FRENTE AO VIRUS SARS-CoV-2 (COVID-19) NO ÁMBITO
EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA
Este documento estará en permanente revisión e actualización e dispoñible na páxina web corporativa do Servizo Galego de Saúde a través da seguinte ligazón:
https://coronavirus.sergas.gal/
Versión 3: 09/10/2020 (en vigor)
Cambios nesta versión:
Na páxina 6 elimínase a indicación de que “permanecerán no domicilio os irmáns/ás do caso sospeitoso escolarizados no mesmo centro ata o resultado das probas”,
pola indicación de que “Os conviventes dunha persoa con síntomas compatibles coa Covid (alumno/a ou profesional) que se encontre á espera do resultado, evitarán as interacións sociais que sexan prescindibles ata que se confirme o resultado pero non será necesario que garden corentena no domicilio, podendo acudir tanto á escola como ao seu posto de traballo.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario