Estimadas familias:
o servizo de comedor comeza o luns día 2 de novembro. Todas as solicitudes están admitidas.
Empresa: Jardanay. Os menús colgaranse na páxina web do colexio.
Horario do xantar: 13:45-14:00 horas
Horario de recollida do alumnado: 15:00 horas e remate do servizo de comedor. Flexibilizase a última sesión lectiva.
O alumnado permanecerá no seus postos ata o remate do comedor. Non haberá tempo de lecer nin antes nin despois do
xantar. Os espazos habilitados son o comedor, a sala de mdrugadores e a aula de vídeo.
No comedor e na sala de madrugadores as mesas contarán con mamparas. Na aula de vídeo as mesas son individuais.
A recollida do alumnado será no exterior do centro.
Polo de agora nada máis, só dicir que o servizo seguirá o protocolo da Consellería e que teredes información sobre o mesmo.
Importante: Notificar á cada titor ou titora por escrito que se queda a comedor.
Para o alumnado de 5º e 6º que marche á súa casa sen acompañamento de adultos, as familias terán que cumprimentar unha
autorización que se facilitará polo alumno ou alumna na vindeira semana.
Calquera modificación que poida xurdir, en vista da situación na que nos atopamos, seredes informados mediante AbalarMóbil e páxina
web.
Un cordial saúdo
O equipo directivo
Ningún comentario:
Publicar un comentario