Estimadas familias:
O venres 8 de xaneiro de 2021, comezará o reparto de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria que ten dereito segundo a Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG do 13 de novembro).
É necesario solicitar cita previamente no teléfono: 881880903
As máscaras poderán recollelas:
Un dos proxenitores.
O titor legal ou a titora legal.
Outra persoa autorizada. (Modelo)
Que asinará a recepción das máscaras. En todo caso, será necesaria a identificación con DNI ou NIE.
Datas: do 8 ao 15 de xaneiro
Horario: 9:30 a 11:30 h.
O día de recollida das máscaras:
Débense ter en conta as medidas xerais de protección para os visitantes: uso de máscara, hixiene de mans, etc.
O persoal de conserxería indicará cando é posible entrar no recinto escolar, pois só pode permanecer unha persoa en secretaría facendo os trámites.
No caso de persoa autorizada, coa autorización deberá traer unha fotocopia do DNI/NIE da persoa que autoriza para facer o trámite.
Un saúdo,
O equipo directivo
Ningún comentario:
Publicar un comentario