mércores, 1 de xullo de 2020

CAMPAMENTO DE VERÁN: AVENTURA NA NATUREZA

Trátase dun campamento organizado por dúas cooperativas galegas no Centro de Educación Ambiental e Albergue Equal durante o mes de agosto. A idea que subxace a esta experiencia intercooperativa é a de educar en valores á mocidade a través do contacto coa natureza no marco da educación non formal.


Os datos da actividade son os seguintes:

CAMPAMENTO DE VERÁN: AVENTURA NA NATUREZA

Datas e lugar
Do domingo 9 ao sábado 15 de agosto, no Centro Equal, albergue xuvenil e centro de interpretación medioambiental. O albergue está no concello de Coles, provincia de Ourense.

Horario
A actividade comezará o domingo ás 17:00 da tarde e rematará o sábado tamén ás 17:00.

Manutención e pernocta
Está incluído no prezo o almorzo, o xantar, a merenda e a cea. A primeira comida incluída é a cea do domingo, día 9, e, a última, o xantar do sábado 15. A pernocta para os rapaces pequenos terá lugar en albergue e, para os maiores, en tenda de campaña.

Prezo
350 € por participante. 

Inscricións e prazas
O límite de inscrición é o domingo, 26 de xullo. 

Participantes
Rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos. Durante o campamento, dividiremos á rapazada en dous grupos por idade para moitas das actividades, aínda que algunhas serán conxuntas.

Seguridade e hixiene
Seguiremos as normativas e recomendacións de seguridade e hixiene marcadas polas autoridades competentes.

Actividades
  • Actividades de aventura, como kaiak en río, construción de vivacs, piscina e orientación con compás.
  • Ximcanas, xogos de auga, deportes alternativos, grandes xogos ambientados e veladas únicas!
  • Rutas e andainas, en constante contacto coa natureza.
  • Obradoiros de autoestima, autocoñecemento, igualdade e confianza, que aporten valores e fomenten un clima xeral de convivencia.

Máis información e inscricións
Na web https://aventeira.com/aventura-de-veran/. Nos teléfonos 722 349 493 e 722 349 497 ou no correo electrónico: aventeira@aventeira.com.

Agradecemos moito a difusión da actividade.

Unha aperta grande,



Ningún comentario:

Publicar un comentario