C
E I P G A L Á N
Asoc.
Provincial nº 1.196
C.I.F.
G-15.059.199
anpagalan.blogspot.com
anpagalan@gmail.com
A ANPA do CEIP Galán colabora na
xestión do servizo educativo complementario de comedor e organiza o servizo de
madrugadores.
Dada
a actual situación provocada pola pandemia e, á espera de coñecer os protocolos
das Consellerías de Educación e de Sanidade, aínda non está aberto o prazo de
solicitude destes servizos.
A
empresa seleccionada pola ANPA para a xestión de ambos servizos é JARDANAY. Se
a situación o permite, o prazo de inscrición estará aberto entre o 17 de agosto e o 4 de setembro. A inscrición
realizarase por medios electrónicos (www.jardanay.es)
e para a súa validez será preciso que se cumprimente correctamente o formulario
nas datas establecidas, estar ao corrente de pago con Jardanay e coa ANPA e
inscribirse no servizo na modalidade fixa ou fixa discontínua desde o primeiro
día do curso escolar, tras o período de adaptación (alumnos 4º EI) ou desde o
primeiro día de outubro.
No
caso que a demanda supera a oferta de plazas se resolverá según a lei que
regula a Xunta de Galicia para a organización, o funcionamento e a xestión do
servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios
dependentes desta consellería.
Nas
nosas canles de comunicación ofreceremos información puntual sobre este tema:
A Directiva
Ningún comentario:
Publicar un comentario