xoves, 9 de xullo de 2020

NECESITÁMOSVOS, necesítannos, necesítasnos ...


Como xa sabes, a ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnos) é o mellor e máis eficiente organismo para representar ás familias dunha escola e para participar activamente no seu modelo educativo e de xestión. É o xeito que temos para tomar decisións sobre o que queremos que sexa a educación dos nosos fill@s e que sexan vinculantes.

Grazas á ANPA, na escola temos actividades lúdicas, servizo de madrugadores e comedor, actividades de lecer, horta e moito máis. E tamén, e sobre todo, dende á ANPA hai nais e pais que traballan activamente e están comprometidos coa educación. Xuntos debemos construíla. É un esforzo, como todas as responsabilidades.

Sabemos que podemos construír unha escola marabillosa precisamente polas dimensións da nosa pequena escola familiar, accesible, manexable, asequible. Utilicemos ese potencial. Hai moitas formas de participación e non todas deben ser presenciais ou constantes. Participa, porque un pouquiño de cada un será moito para todos.

Tamén necesitamos a túa forza coa túa asistencia ás reunións da ANPA e as túas opinións e votos para levar a cabo novas iniciativas na escola. Son a base para facer propostas de acción á Dirección do Centro. Unha suxestión illada para a Xerencia non reverte o mesmo efecto que o que vén co apoio de todos.

A ANPA somos todos, calquera acción dos socios invólvese en toda a escola. Por iso, e solidariamente con todos, temos que traballar xuntos polo ben dos nosos fill@s.

ANIMÁDEVOS.....



FORMULARIO INSCRICION

Ningún comentario:

Publicar un comentario