Estimadas familias, queremos informarvos de:
Primeiro, o centro permanecerá pechado ao público a partir do venres día 17 de xullo.
Voltaremos o día 1 de setembro.
Segundo, recordarvos as datas de entrega de vales para libros e material escolar.
5º e 6º, o día 1 de setembro
1º e 2º, o día 2 de setembro
3º e 4º, o día 3 de setembro
Aclaramos o importe dos vales: se tedes dous, 210€ para libros e 50€ para
material ; se é un único vale o importe é de 140€ para libros exclusivamente, isto
para os cursos de 1º e 2º.
En 3º, 4º, 5º e 6º o vale é de 50€ para material.
Horario de entrega: de 10.00 a 13.00 horas.
Terceiro, se non pode vir a persoa solicitante tedes que autorizar a outra persoa.
Rógase usar o modelo que vai ao final no adxunto.
Outros,
1. A parada de Gasolinera Ferretería da ruta de ARRIVA, pasa a chamarse Grupo
Regueira.
2. As autorizacións excepcionais de transporte están tramitadas. Avisarase ás
familias implicadas cando estén autorizadas pola xefatura territorial para poder
facer uso do servizo de transporte.
3. Aspectos de organización do curso, avisos ou outros temas publicaranse na
páxina web.
4. O alumnado de 5º de Primaria disporá dun portátil E-dixgal. De todo isto tamén
teredes información iniciado o curso.
5. O calendario escolar 2020-2021 está publicado nesta páxina.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/system/files/Autorizaci%C3%B3n%20recollida%20de%20Vales.pdf
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/system/files/Autorizaci%C3%B3n%20recollida%20de%20Vales.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario