A A.P.A. MANUEL MURGUÍA non xestionará os servizos de comedor e
madrugadores no CEIP GALÁN durante o curso 2020/2021
A A.P.A. MANUEL MURGUÍA, en data 21 de xullo de 2020, celebrou reunión da
xunta directiva para debater sobre a xestión dos servizos de conciliación
(comedor e madrugadores) por parte da A.P.A. MANUEL MURGUÍA no curso 2020/2021.
Acordouse por unanimidade que a A.P.A. MANUEL MURGUÍA non se encargará da
xestión do comedor/madrugadores durante o vindeiro curso 2020/2021.
Esta decisión adóptase logo de coñecer o PROTOCOLO
DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO
DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021.
A seis semanas da data de inicio do curso escolar 2020/2021 este protocolo
está pendente de ser adaptado ao centro educativo por parte da Dirección do
centro.
Iso implica que non sabemos a día de hoxe se o espazo destinado a comedor
estará dispoñible ou non, nin tampouco cantos usuarios poderían disfrutar do
servizo. Nunha previsión inicial a Dirección do centro trasládanos que a
capacidade do espazo que se ven destinando a comedor podería estar entre 16 e
21 comensais.
Tendo en conta a media de usuarios do servizo de comedor nos últimos anos,
iso supón que se deban contemplar criterios de preferencia para o acceso ao
servizo. A A.P.A. non quere desempeñar o papel de decidir que usuarios van ter
acceso ao servizo e cales non. Somos unha entidade que ha de prestar servizos
para toda a comunidade educativa e non nos compete excluir a ninguén.
Tampouco coñecemos (porque a Dirección do centro non conta con esa
planificación a día de hoxe) como se vai garantir a limpeza, a hixiene, os
accesos ordenados de entradas/salidas do centro, as quendas de recreo nin
outros moitos aspectos aos que fai referencia o Protocolo.
Ademais, por un principio de precaución, neste escenario de pandemia que
vivimos, entendemos que non debemos asumir responsabilidades sanitarias, civís
ou doutra natureza que se poidan derivar da aplicación do mencionado protocolo.
Por todo iso, o 27/07/2020 rexistramos no CEIP Galán escrito solicitando
que se teña por desistida á A.P.A. MANUEL MURGUÍA da solicitude de prórroga de
autorización de funcionamento do comedor escolar para o curso 2020/2021. Así
mesmo pregamos que, desde a dirección do CEIP GALÁN, se inste de forma urxente
á Consellería de Educación a asumir a prestación do servizo de comedor escolar
no centro para o curso 2020/2021
A dirección do CEIP GALÁN contactou co Servizo de Recursos Complementarios da
Xefatura Territorial en A Coruña da Consellería de Educación e informou en data 28/07/2020 que a Xunta non pode
asumir o servizo porque “non ten tempo para contratar” e que a A.P.A. pode “pasar a xestión ao concello”.
Así, iniciamos os contactos co Concello de Arteixo para propoñerlle o
traspaso da xestión dos servizos de comedor e madrugadores, alternativa
proposta pola Consellería de Educación.
Solicitamos reunión urxente coa Corporación municipal e estamos esperando a
súa resposta.
Manterémosvos informados dos avances e decisións que se adopten.
Non somos unha excepción:
A Directiva