xoves, 29 de novembro de 2018
domingo, 25 de novembro de 2018
xoves, 22 de novembro de 2018
xoves, 1 de novembro de 2018
Recollida para o Banco de Alimentos Rías Altas
Estimadas familias,
compartimos o texto difundido pola Federación de Anpas de Arteixo que como membros e colaboradores apoiamos na última reunión e animámosvos a participar:
O Banco de Alimentos Rías Altas organiza para o venres 30/11 e o sábado 1/12 unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros en practicamente todos os super e hiper da provincia.
FEDART acordou con eles a colaboración para a organización e xestión das quendas de persoas voluntarias para o traballo de recollida do que a xente queira ir doando á saída das caixas. Imos intentar cubrir as quendas do LIDL, EROSKI e GADIS. Os tres que están situados na proximidade dos centros escolares do núcleo de Arteixo.
As persoas voluntarias: nais, pais, nenas e nenos, profesorado dos centros de ensino de Arteixo que decidan apuntarse. Todas as participantes asinarán un documento de participación do propio Banco de Alimentos e as menores (poden participar a partir de 8 anos) terán que aportar unha específica de autorización das súas persoas titoras. Todas as menores, de calquera idade ate os 16, deberán estar acompañadas necesariamente por persoas adultas durante a quenda de recollida.
Entendemos que esta acción formula posibilidades amplas para desenvolver algúns dos obxectivos curriculares dos diversos niveis de ensino. Nos consta que xa o curso anterior houbo quen decidiu tirar proveito da iniciativa dende algún dos centros de ensino. E ademais, permitirá seguir na dinámica de promover relacións entre os estamentos da comunidade educativa definidas en termos de cooperación e colaboración.
As quendas de recollida agrúpanse en períodos de dúas horas e media, salvo a que ocupa o horario de 15 a 17 hs. No caso de que haxa abundancia de solicitudes de participación ou moita participación de menores, reduciríamos a duración de cada quenda.
Creamos un correo específico para esta acción recollidanadalarteixo@gmail.com no que inicialmente calquera persoa interesada en participar terá que dirixirse para apuntarse, e dende o que se lle solicitarán os datos pertinentes e estritamente necesarios. A organización posterior se desenvolverá polos medios que os colectivos acorden, considerando crear grupos específicos para cada super, con condicións de participación definidas. Tanto a conta de correo, como calquera outro medio dixital que se poida constituír para a xestión, e todos os datos recollidos, serán eliminados despois da acción.
O Banco de Alimentos conservará segundo a normativa de voluntariado, a documentación acreditativa dos participantes para os fins específicos recollidos na lei.
domingo, 14 de outubro de 2018
Axudas municipais para comedor e libros de texto - Listaxes provisionáis
Estimadas familias,
O pasado día 11 o concello de Ateixo publicou a listaxe provisional das axudas para comedor e libros de texto indicando aqueles que casos nos que é preciso subsanar algún erro ou falta de documentación. É recomendable que todos os solicitantes revisen que teñen todo correcto, pois o prazo remata o día 24 de outubro.
http://arteixo.org/gl/noticia/axudas-para-comedor-escolar-e-libros-de-texto

luns, 1 de outubro de 2018
Menú de comedor para o primeiro trimestre curso 2018-19
Estimadas familias,
no seguinte enlace (ademáis de na ligazón permanente a esquerda) podedes consultar o menú de comedor para este trimestre (meses de outubro, novembro e decembro de 2018)
no seguinte enlace (ademáis de na ligazón permanente a esquerda) podedes consultar o menú de comedor para este trimestre (meses de outubro, novembro e decembro de 2018)
sábado, 22 de setembro de 2018
Aula de teatro infantil en Meicende
Estimadas familias,
o concello de Arteixo pon a nosa disposición unha actividade de teatro infantil.
o concello de Arteixo pon a nosa disposición unha actividade de teatro infantil.
- Idade: 6 a 12 anos
- Data: Luns de 17:00h a 18:30h
- Ubicación: CSC de Meicende
- Prazas: 15
- Custo: 5€/mes
A data de inscripción remata o día 26 de setembro. Descargar ficha de inscripción.
Banco de libros de texto. IES Manuel Murgía
Estimadas familias,
A ANPA do IES Manuel Murguía quere que lle demos máis de unha vida os libros de texto, polo que crearon un grupo de facebook para intercambio/compra/venda/agasallo de libros de texto.
Si precisas algún libro ou o tes do ano pasado e non o precisas comparteo.
Outono cultural en Arteixo
Estimadas familias,
durante os meses de outubro, novembro e decembro realizaránse diversas actividades culturáis para cativos e maiores.
As entradas e invitacións estarán dispoñibles no CCC de Arteixo e no CSC de Meicende según corresponda unha hora antes da función. O número de invitacións estará limitada a 5 por persoa e serán limitadas según a capacidade de cada sala.
Nesta ligazón podese ollar o programa completo.

mércores, 12 de setembro de 2018
Benvida curso 2018-2019
Estimadas familias,
hoxe comezamos un novo curso, e dende a ANPA queremos dar a benvida a nais, pais, estudantes e mestres, especialmente a os que chegan por primeira vez ao noso colexio.
¡¡¡Benvid@s!!!
hoxe comezamos un novo curso, e dende a ANPA queremos dar a benvida a nais, pais, estudantes e mestres, especialmente a os que chegan por primeira vez ao noso colexio.
¡¡¡Benvid@s!!!
luns, 9 de xullo de 2018
Memoria anual de actividades 2017-18
Estimadas familias,
compartimos con vos a memoria de actividades levada a cabo pola anpa neste curso para que teñades coñecemento de todo o traballo levado a cabo e sirva de referencia para propor novas iniciativas:
Preme para abrir a memoria anual 2017-18 en pdf.

luns, 25 de xuño de 2018
ANPAs de Arteixo demandamos priorizar un novo CEIP e IES
Estimadas Familias.
Levamos algo máis dun ano facendo propostas a respecto de analizar colectivamente as necesidades de escolarización de Arteixo. Distintas ANPAS do Concello iniciamos un traballo de comunicación responsable para facerlle chegar ás administracións públicas correspondentes información a respecto da realidade na que se está a desenvolver a prestación dos servizos educativos nos centros de ensino público de Arteixo. Valoramos positivamente os avances comunicativos co Concello, pero non é dabondo. Chegamos ao remate do curso 17/18 sen nin tan sequera poder desenvolver unha entrevista solicitada coa Xefatura Territorial para o intercambio de informacións. E o tempo e a demografía non se deteñen. Non agardan pola burocracia.
Xa que logo, tomamos a decisión de facer a seguinte comunicación:
Apelamos á capacidade e competencia das administracións públicas e organismos implicados neste proceso para que prioricen e axilicen todos os pasos necesarios para conseguir o obxectivo de ter en funcionamento un novo CEIP e un novo IES para o curso 20/21. O tempo perdido para iniciar o proceso necesario para a súa posta en marcha terá que ser recuperado con vontade política traducida en feitos e orzamentos.
Propoñemos no entanto que se proceda á implantación do Bacharelato no IES de Pastoriza, e que tanto para os CEIP que así o precisen como para o IES Manuel Murguía se adopten por parte da Consellería de Educación medidas temporais urxentes para aliviar na medida do posible a masificación dos centros no tempo que quede para o inicio da actividade nos novos, sempre en acordo coas respectivas comunidades educativas de cada centro.
Consideramos que sería oportuno constituír e convocar ao Consello Escolar Municipal e darlle a encomenda específica de actuar como mesa de seguimento do proceso de construción e posta en marcha dos novos centros e onde se poidan intercambiar propostas para a definición do modelo arquitectónico, de servizos, organizativo e funcional de ditas instalacións.
Este organismo, constituído con representación paritaria de todos os estamentos da comunidade educativa de Arteixo debera ter parte tamén, xunto coa Consellería titular da prestación dos servizos educativos, para abordar a reestruturación da oferta educativa nos centros de ensino público de Arteixo, a adaptación dos servizos de transporte escolar e extra-escolar ás necesidades reais do alumnado dos centros e das súas familias, atendendo especialmente á seguridade na mobilidade, e o deseño dun sistema de conciliación familiar de prestación pública en condicións de igualdade para todos os centros e todo o alumnado do Concello.
Sumámonos asemade á reclamación das escolas unitarias rurais da creación dun Centro Rural Agrupado que poida fornecer as prestacións educativas para ditos centros, tal e como veñen solicitando tanto os profesionais como as familias do seu alumnado.
Este comunicado será remitido á Xefatura Territorial, ao Concello e aos medios de comunicación e publicado por cada ANPA que o secunda, nos seus propios espazos.

mércores, 20 de xuño de 2018
¡ACTUALIZACIÓN! Aberto o prazo de alta en comedor e madrugadores 2018-19
Estimadas familias,
xa está aberto o prazo de solicitude de praza en comerdor e madrugadores. As novas altas e renovacións deberán entregarse antes da finalización do presente curso, en caso contrario consideraranse altas extraordinarias.
Ampliaremos información nesta mesma publicación nos próximos días, pero tamén tes a túa disposición dípticos no local da ANPA (martes e xoves de 9 a 9:30), chamando a Jardanay no teléfono 981 12 66 27 ou no email comedor@jardanay.es e tamén as solicitudes de alta, baixa renovación e intolerancias para descargar dende o blog na sección de comedor
20/06/2018 Engadimos o díptico informativo

venres, 15 de xuño de 2018
Xornada de Convivencia das actividades extraescolares (Concello de Arteixo)
A Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa e Deportes está a organizar a Xornada de Convivencia das actividades extraescolares do curso 2017 - 2018 dos C.E.I.P.s Ponte dos Brozos, Arteixo, Galán e San Xosé Obreiro e das Escolas Unitarias deVilarrodís, Barrionovo, Lagoa, Larín e Rorís.
DATA: Mércores 20 de xuño
HORARIO: 17:00-20:00 horas
LUGAR: Zona deportiva da Avenida Arsenio Iglesias no campo de fútbol de herba artificial (Arteixo). En caso de Choiva a celebración trasladarase á carpa cuberta do campo da festa.
PROGRAMA:
Obradoiros, inchables, actividades deportivas e outras sorpresas.
Merenda e agasallo para todos/as os/as nenos/as participantes nas actividades extraescolares durante o curso 2017/2018.
Se algún neno/a non puidese asistir á Xornada, poderá recoller o seu agasallo dende o día 21 ata o 29 de xuño (ambos os dous inclusive) en horario ininterrompido de 09:00 a 14.00 horas no Pazo dos Deportes.
NORMATIVA:
Poderán asistir a esta xornada todos os participantes das actividades extraescolares ao longo deste curso e ademais poderán convidar a dous amigos-as para que os acompañe nesta xornada lúdica. Estes amigos terán dereito a participar nas actividades e a recibir merenda, pero non terán dereito a agasallo.
Cada menor deberá estar obrigatoriamente acompañado dun adulto ao longo de toda a xornada.
Cada menor participante, deberá portar a pulseira identificativa para poder participar nas distintas actividades. Esta pulseira será entregada aos nenos-as durante os vindeiros días nas actividades extraescolares. O menor que asiste ás actividades deberá portar a pulseira blanca e os acompañantes unha pulseira de cor.
Para subir aos inchables é obrigatorio utilizar calcetíns

sábado, 9 de xuño de 2018
Festa fin de curso 2017-2018
Estimadas familias,
o día 21 de Xuño, en horario de 17:00 a 20:00h, celebraremos nas instalacións do centro unha festa para celebrar a despedida do curso 2017-18 a que tódalas nenas, nenos, familias, mestres e demáis membros da comunidade educativa están convidados a asistir.
Os nenos deberán acudir acompañados por un adulto e deberase confirmar asistencia antes do 18 de xuño entregando a circular cuberta no buzón da ANPA, enviándo por correo electrónico ou no formulario de abaixo.
Data: 21 de xuño
Horario: 17h a 20h
Lugar: CEIP de Galán
Prezo: Gratuito para socios / 5€ por neno ou nena (maiores de 2 anos) para non socios

mércores, 30 de maio de 2018
Charla debate sobre Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividad 6-06-2018
Estimadas familias, o próximo mércores día 6 de xuño organizarase unha charla sobre TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividad) e inclusión, exposto por Ana Fátima Gómez Suárez da Fundación INDAGA e Alba Amor Fernández do CEIP Plurilingue Manuel Murguía.
Ubicación: Edificio UNED. Rúa Educación, n3 (A Coruña) Salón de actos.
Data: Mércores día 6 de xuño
Hora: 18:30 a 20:30h
xoves, 24 de maio de 2018
Campamento de verán en Galán do 25 de xuño ao 20 de xulio
Estimadas familias,
iste verán organizase no noso centro un campamento multideporte organizado polo Judo Club Arteixo.
Os nenos terán a oportunidade de practicar diferentes deportes e actividades.
O campamento está aberto a calquera neno, independente de si estudia en Galán ou non, polo que se teñen a idade indicada, poderán participar curmans, amigos etc.
Os socios de calquera das ANPAS do concello de Arteixo disporán de un desconto de un 10%.
Participa!!!
Datas: do 25 de xuño ao 20 de xulioHorario: 9h a 14h (con opción de madrugadores dende as 8h e de comedor con saida as 16h)
Lugar: CEIP de Galán
Prezo: 65€/semana 14€/día individual
Madrugadores: 10€/semana 4€/día individual
Comedor: 20€/semana 6€/día individual
Información e inscripcións en:
judoclubarteixo@yahoo.es
678 711 825
667 536 743
Axudas para adquisición de libros de texto 2018-2019. Prazo aberto.
Estimadas familias
xa está aberto o prazo para a solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto para os nenos matriculados no próximo curso 2018/19 en Educación Primaria, Secundaria e Educación Especial.
Tódolos detalles pódense consultar na publicación do DOGA do día 21
A tramitación pódese facer de xeito telemático con certificado dixital ou chave 365 en "Fondo Libros"
luns, 14 de maio de 2018
Resumo do espectáculo de maxia co Mago Benxamin
O pasado 4 de maio celebramos un espectáculo de maxia co Mago Benxamin, que nos visitou no cole CEIP de Galán e nos asombrou con espectáculo e humor. Ademáis os nenos e nenas desfrutaron dun rato de xogos mentres todos merendamos.
Moitas Gracias, a nais e pais por participar, especialmente a quen nos endulzou a tarde con biscoitos e tarta de queixo. Gracias tamén o Mago Benxamín pola disposición en todo momento e tamén a Deputación de A Coruña.

luns, 7 de maio de 2018
Programa Festiletras2018. Do 16 ao 20 de maio en Ponteceso, ACoruña
deixamosvos o listado de actividades previstas para o próximo Festiletras 2018 do 16 ata o 20 de maio onde poderedes desfrutar de diversas actividades para maiores e pequenos.
mércores, 2 de maio de 2018
III Encontro Arteixo Innovación de experiencias Educatic
Xa esá aberto o prazo de inscripción para as xornadas Educatic: a electrónica, a robótica, a programación... Dende o Martes 8 de maio ata o xoves 10 os mozos e mozas poderán desfrutar e participar de experiencias tecnolóxicas e educativas diferentes as habituais.
Lugar: Centro Cívico Cultural de Arteixo
Data: Do 8 ao 10 de maio incluidos
Díptico con información e horarios
Educatic na web do concello
luns, 23 de abril de 2018
Exibición Solidaria da Garda CIvil
Lugar: Complexo Xuvenil As Mariñas de Ganadarío - Bergondo
Data: xoves 10 de maio
Horario: Haberá dous turnos, un as 9h e outro as 11:30h
Na exibición participarán tamén a Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e Bombeiros.
O obxetivo será dar a coñecer as labores e medios de que dispón, ademáis de facer unha recollida de alimentos e material escolar.
Prégase os asistentes que participen que colaboren aportando algún dos seguintes tipos de productos:

- Alimentos non perecedeiros
- Productos de hixiene
- Material escolar
Evento organizado pola Garda Civil e Xuventude
xoves, 19 de abril de 2018
Actuación teatral do Grupo Xuvenil ES3HA2 do colectivo Melandrainas
Estimadas familias,
O vindeiro venres 20 de abril terá lugar unha actuaión teatral do grupo xuvenil ES3HA2 que pertence ao colectivo Melandrainas..
Actividade: Representación Teatral
Onde: Centro Cívico Cultural de Arteixo.
Data: venres 20 de abril
Hora: 20:30h
A obra está dirixida a tódolos públicos e será de valde ata completar aforo. A obra a interpretar “O soño dunha xoaniña” cóntanos como cando Chega o Entroido e Xoaniña quere disfrazarse de “tartaruga de Galápagos”, polo que decide pedir axuda aos animais que vai atopando no seu camiño.
O grupo de teatro xuvenil ES3HA2 conta con varios premios como o de mellor actor no ano 2014 e a de mellor actriz no ano 2015.
Animádevos a participar!

Actuación Teatral do alumnado da Aula Municipal de Teatro de Meicende
Estimadas familias,
o próximo día 20 terá lugar unha representación teatral a cargo dos nenos da Aula Municipal de Teatro de Meicende á que vos animamos a acudir:
Actividade: Representación Teatral
Onde: Auditorio do Centro Sociocultural de Meicende.
Data: venres 20 de abril
Hora: 20h
Trataráse de unha obra dirixida a tódolos públicos e contará con dúas actuacións: "Érase una vez...", peza que fala das emocións e dos contos. E ademáis a monologuista, Erica González pechará a sesión con “A sala do Catapumchimpum”, actuación pertencente ao Festival de Narración Oral “Falando a Boca Chea”.

mércores, 18 de abril de 2018
SAÍDA AO FEIRÓN O SÁBADO 21 DE ABRIL
Estimados país e nais,
Remitimosvos este comunicado da rede de bibliotecas de Arteixo e animamosvos a participar nos eventos que programan. ¡Feliz mes do libro!
Ola, queres levar un dos 600 libros que repartiremos este sábado 21 de abril no Feirón de Arteixo?
Como cada ano, no mes de abril, a Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo, fai unha saída á parte peonil da Avenida do Balneario en Arteixo, para celebrar o mes do libro.
Na caseta habilitada ao efecto, desde as 10 da mañá ata, aproximadamente, as 13.30 horas estará o persoal das bibliotecas para informarvos de todas as actividades e servizos que ofrecemos, e ademáis repartir libros procedentes de expurgos, doazóns…
Ademáis, a saída contará coa animación de Lisístrata. Sal connosco a festexar o mes do libro!!!

luns, 16 de abril de 2018
Hoxe abre o prazo para a solicitude de axudas escolares
Estimados pais,
desde hoxe, luns 16 de abril ata o 16 de maio pódense solicitar as axudas para o comedor e para a adquisición de libros.
Máis información sobre as axudas na web do concello
desde hoxe, luns 16 de abril ata o 16 de maio pódense solicitar as axudas para o comedor e para a adquisición de libros.
Máis información sobre as axudas na web do concello
domingo, 15 de abril de 2018
Ven a ver o Mago Benxamín
Estimadas familias:
Dende a ANPA Manuel Murguía estamos a organizar un espectáculo de maxia para o vindeiro 4 de Maio en horario de 17:00 a 19:00 horas.
O evento será gratuito para os socios, e para os non socios terá un custo de 5 € por neno ou nena.
Para una boa organización necesitamos confirmación de asistencia mediante o presente boletín entregando cuberto no buzón da ANPA, ao profesorado ou ben por correo electrónico anpagalan@gmail.com antes do día 24 de abril de 2018.
mércores, 21 de marzo de 2018
Cambio no menú de comedor día 21-03-2018
Estimad@s nais e pais;
Jardanai, a empresa encargada do catering notificanos un cambio no menú para os nenos con algún tipo de dieta que vos reproducimos a continuación:"Debido a un problema técnico en nuestra cocinas, para el día de mañana el menú de los niños con algún tipo de dieta por alergia/intolerancia se verá modificado. En consecuencia este no coincidirá con el que tienen los padres impreso.
Esperamos resolver esta incidencia a lo mayor brevedad.
Disculpen la molestias."
martes, 20 de marzo de 2018
Recital de poesía venres 23 de marzo 2018
O vindeiro venres 23 de marzo ás 20:30 h, terá lugar o Recital de Poesía no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo.
Organizado e presentado por Alfredo Ferreiro, as/os autoras/es Estíbaliz Espinosa, Pablo Bouza Suárez, Rosalía Rodríguez Pombo, Tiago Alves Costa e Alfredo Ferreiro Salgueiro recitarán textos poéticos propios xunto a unha representación de xoves poetas do IES Manuel Murguía de Arteixo: Andrés González, David Sánchez, Hugo Herrador, Lara Boedo e Sergio Terceiro.
Contaremos tamén coa música de xoves arteixáns: Mario Dans (guitarra), Mateo Castro (trompeta) e Natalia Ramos (violín).
A obra irá dirixida a todos os públicos, sen custo de entrada e con invitación a recoller 1 hora antes do inicio do espectáculo até completar a capacidade da sala.
Ubicación: Centro Cívico Cultural de Arteixo
Data: venres 23 de marzo de 2018
Hora: 20:30h
venres, 16 de marzo de 2018
Campamento de Semana Santa - FanSquare
Estimad@s pais e nais,
Facémosvos chegar esta circular con información que consideramos pode ser do voso interese.
A ANPA Manuel Murguía acordou coa empresa Fan Square unha serie de vantaxes para aqueles nen@s que acudan ao seu campamento de Semana Santa.
Por cada día que acudan ao seu campamento terán unha hora gratis no seu parque de xogos para gozar calquera outro día.Para acceder a esta promoción será preciso presentar o carnet de socio da anpa no momento de facer a matrícula.
- Inscripción e información en info@fansquare.com ou 981 91 79 69.
- Diptico pdf
mércores, 14 de marzo de 2018
Feira Matemática - XII Edición. 7 de abril 2018
O próximo sábado 7 de abril celebrase en A Coruña a Feira anual de matemática na sús XII edición por parte da Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA). O obxetivo é que as matemáticas cheguen de forma máis natural e divertida aos nen@s.
Dende a ANPA Manuel Murguía animamosvos a participar e acudir a divertirvos en familia nesta orixinal iniciativa:
Data: sábado 7 de abril
Horario: 11 h ata as 19 h.
Lugar: Hall de Proa - PALEXCO (A Coruña)
Non precisa inscripción previa
Máis información na web de AGAPEMA - Feira Matemática 2018

mércores, 7 de marzo de 2018
Curso para nais e pais "Atención a urxencias sanitarias para familias"
A través do centro de formación e recursos estase a promover un curso orientado a nais e pais que ainda non ten data fixa, pero está previsto que sexa entre o 9 e o 20 de abril en tres sesións de tres horas cada unha en horario de 17:30h a 20:30h.
Data límite para inscripcións 15 de marzo.
A formación será impartida por membros do 061 e terá dous obxectivos básicos:
As persoas interesadas poden solicitar información e praza a través do email cfr.coruna.linguisticosocial2@edu.xenta.es indicando: Nome e apelidos, teléfono, email e nome do centro educativo.
Data límite para inscripcións 15 de marzo.
A formación será impartida por membros do 061 e terá dous obxectivos básicos:
- Coñecer e dominar as técnicas de primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias definidas no protocolo da consellería
- Ser quen de actuar de xeito eficiente e seguro en caso de incidencias urxentes que afecten a saúde da Comunidade Educativa.
As persoas interesadas poden solicitar información e praza a través do email cfr.coruna.linguisticosocial2@edu.xenta.es indicando: Nome e apelidos, teléfono, email e nome do centro educativo.
Xornadas do Día Internacional da Muller organizadas polo Centro de Información as Mulleres
Estimad@s nais e pais, dende o concello achegannos información das xornadas previstas para o día 8 de marzo con motivo do Día Internacional da Muller organizadas polo CIM (Centro de Información as Mulleres).
Durante estas xornadas están previstas as seguintes actividades:
17:00 a 18:00 Teatro “1879. Casa de bonecas”
18:15 a 19:30 Mesa Redonda
“Por min mesma. Nora Helmer, unha muller pioneira” Iria Ares Campos Directora, actriz e profesora especializada en técnica de actuación ante cámara. “Sesgo de xénero na atención sanitaria” Rosendo Bugarín González Doutor en Medicina e cirurxía, Máster en bioética pola USC. “Pioneiras do deporte en Galicia” Cristina López Villar Doutora en CC da Actividade Física e o Deporte, docente na UDC. Modera: Sandra Barbeito Pan, Psicóloga e directora do CIM de Arteixo.
19:30 a 20:00 “Muller de Arteixo 2018”
Recoñecemento a Maribel Otero Iglesias como a primeira muller arteixá campiona de España en hóckey sala (1968-1970). Proxección do vídeo elaborado polo alumnado de 2oE de Primaria, CEIP Ponte dos Brozos, da mestra Sonia Iglesias Rega.
Data e lugar Xoves, 8 de marzo de 2018 Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo Paseo Fluvial s/n – Arteixo
Adxuntamos documentación e folla de inscripción para @s interesados
Información e inscripcións
Cartel e actividades marzal - abril
martes, 27 de febreiro de 2018
Carnet de socio da ANPA Manuel Murgía. Colexio Público de Galán
Estimados páis,
xa temos dispoñible os carnet de socios da ANPA que podedes pasar a recoller os martes e xoves de 9h a 9:30h.
Con este carnet poderedes acceder a descontos nos comercios que pertencen ao Centro Comercial Aberto de Arteixo que podes consultar nesta ligazón.
Camiño sen límites 2018. Primeira Etapa: Caión Baldaio
"Camiño Sen Límites 2018". Roteiros para desfrutar en familia da paisaxe.
Primeira etapa (Roteiro ConCiencia): Aquí podes descargar o cartaz da primeira etapa CAIÓN – BALDAIO de 8,5 kms, que faremos a un ritmo baixo de 3-4 kms/h
Comezará o día 17 de marzo
Consulta máis información na web da Federación de ANPAS da Costa da Morte

xoves, 22 de febreiro de 2018
Xornadas de portas abertas. Coñece os centros de Vilarodis e Barrionovo
Si o teu fillo comeza a escola o próximo curso 2018-2019 deberías estar xa mirando en que escola queres inscribilo. Se queres coñecelos, todos fan xornada de portas abertas:
O concello de Arteixo avisa destas xornadas para os próximos días:
Aproveita a ocasión para coñecelos.
O concello de Arteixo avisa destas xornadas para os próximos días:
- O colexio Barrionovo de Pastoriza celebrara esta xornada o 6 de marzo ás 17 h
- O CEIP Vilarrodís será o próximo 27 de febreiro ás 16.00 h.
Aproveita a ocasión para coñecelos.
venres, 16 de febreiro de 2018
INICIATIVAS A PROL DA COEDUCACIÓN
No Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña están a desenvolver unha actividade de formación para profesorado “A educación a debate”.
Esta actividade está aberta para nais e pais dado o interese que para eles teñen as temáticas que se tratan.
A vindeira sesión será:
- Lugar: Aula 1.1 (primeiro andar) no edificio da UNED, r/ Educación, 3
- Data e hora: Luns, 20 de febreiro, de 19:00 a 21:00.
- Relatoras:
MÓNICA MARTÍNEZ BALEIRÓN (Asesora de Igualdade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria)
SONIA FERNÁNDEZ CASAL (IES Plurilingüe Fontexería - Muros)
ANA TORRES JACK (Orientadora e autora de "Máis aló do azul e do rosa"- CPI Cruz do Sar)
martes, 30 de xaneiro de 2018
Festa de Entroido CEIP Galan Organizado pola ANPA Manuel Murguía
Estimadas familias:
Dende a ANPA Manuel Murguía estamos a organizar a festa do Entroido 2018 para o día 9 de febreiro en horario de 16:30 a 18:30. Esta festa será gratuita para socios e para os non socios terá un custo de 5 euros/neno.Durante a xornada contaremos coa axuda do SD Pastoriza para animación e xogos.
Realizaremos sorteo de algún detalliño para os nenos.
E teremos merenda ademáis de algunhas larpeiradas para nenos e maiores.
Por suposto a xornada está aberta a que calquera que o desexe pode participar traendo algunha larpeirada para compartir ou facendo algún xogo para os nenos
É unha festa de convivenza á que poden asistir as familias e calquera membro da comunidade educativa do CEIP Galán.
Para unha boa organización necesitamos confirmación de asistencia para organizar a merenda.
¡¡ ANIMÁDEVOS !!
NOTAS:Os nenos deberán ir acompañados de un adulto.
O tratarse de unha xornada de convivencia o obxetivo é coñecernos todolos membros da comunidade educativa (profesores, dirección e todo o persoal auxiliar) para o que é necesario que asistan tamén as familias.
mércores, 10 de xaneiro de 2018
Novo menú xaneiro, febreiro e marzo de 2018
Compartimos o menú para o segundo trimestre correspondente os meses de xaneiro, febreiro e marzo. Tamén o podedes descargar nesta ligazón
Desde Jardanai ademáis recordannos a importancia de unha dieta equilibrada e incluen unha piramide nutricional para que nos sirva de axuda.
Desde Jardanai ademáis recordannos a importancia de unha dieta equilibrada e incluen unha piramide nutricional para que nos sirva de axuda.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)