mércores, 7 de marzo de 2018

Xornadas do Día Internacional da Muller organizadas polo Centro de Información as Mulleres


Estimad@s nais e pais, dende o concello achegannos información das xornadas previstas para o día 8 de marzo con motivo do Día Internacional da Muller organizadas polo CIM (Centro de Información as Mulleres).
Durante estas xornadas están previstas as seguintes actividades:
 17:00 a 18:00 Teatro “1879. Casa de bonecas” 
18:15 a 19:30 Mesa Redonda
“Por min mesma. Nora Helmer, unha muller pioneira” Iria Ares Campos Directora, actriz e profesora especializada en técnica de actuación ante cámara. “Sesgo de xénero na atención sanitaria” Rosendo Bugarín González Doutor en Medicina e cirurxía, Máster en bioética pola USC. “Pioneiras do deporte en Galicia” Cristina López Villar Doutora en CC da Actividade Física e o Deporte, docente na UDC. Modera: Sandra Barbeito Pan, Psicóloga e directora do CIM de Arteixo.
 19:30 a 20:00 “Muller de Arteixo 2018”
Recoñecemento a Maribel Otero Iglesias como a primeira muller arteixá campiona de España en hóckey sala (1968-1970). Proxección do vídeo elaborado polo alumnado de 2oE de Primaria, CEIP Ponte dos Brozos, da mestra Sonia Iglesias Rega.

 Data e lugar Xoves, 8 de marzo de 2018 Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo Paseo Fluvial s/n – Arteixo

Adxuntamos documentación e folla de inscripción para @s interesados

Información e inscripcións
Cartel e actividades marzal - abril

Ningún comentario:

Publicar un comentario