martes, 20 de marzo de 2018
Recital de poesía venres 23 de marzo 2018
O vindeiro venres 23 de marzo ás 20:30 h, terá lugar o Recital de Poesía no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo.
Organizado e presentado por Alfredo Ferreiro, as/os autoras/es Estíbaliz Espinosa, Pablo Bouza Suárez, Rosalía Rodríguez Pombo, Tiago Alves Costa e Alfredo Ferreiro Salgueiro recitarán textos poéticos propios xunto a unha representación de xoves poetas do IES Manuel Murguía de Arteixo: Andrés González, David Sánchez, Hugo Herrador, Lara Boedo e Sergio Terceiro.
Contaremos tamén coa música de xoves arteixáns: Mario Dans (guitarra), Mateo Castro (trompeta) e Natalia Ramos (violín).
A obra irá dirixida a todos os públicos, sen custo de entrada e con invitación a recoller 1 hora antes do inicio do espectáculo até completar a capacidade da sala.
Ubicación: Centro Cívico Cultural de Arteixo
Data: venres 23 de marzo de 2018
Hora: 20:30h
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario