mércores, 7 de marzo de 2018

Curso para nais e pais "Atención a urxencias sanitarias para familias"

A través do centro de formación e recursos estase a promover un curso orientado a nais e pais que ainda non ten data fixa, pero está previsto que sexa entre o 9 e o 20 de abril en tres sesións de tres horas cada unha en horario de 17:30h a 20:30h.
Data límite para inscripcións 15 de marzo.

A formación será impartida por membros do 061 e terá dous obxectivos básicos:

  • Coñecer e dominar as técnicas de primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias definidas no protocolo da consellería
  • Ser quen de actuar de xeito eficiente e seguro en caso de incidencias urxentes que afecten a saúde da Comunidade Educativa.

As persoas interesadas poden solicitar información e praza a través do email cfr.coruna.linguisticosocial2@edu.xenta.es indicando: Nome e apelidos, teléfono, email e nome do centro educativo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario