xoves, 19 de abril de 2018

Actuación teatral do Grupo Xuvenil ES3HA2 do colectivo Melandrainas

Estimadas familias,
O vindeiro venres 20 de abril terá lugar unha actuaión teatral do grupo xuvenil ES3HA2 que pertence ao colectivo Melandrainas..

Actividade: Representación Teatral
Onde: Centro Cívico Cultural de Arteixo.
Data: venres 20 de abril
Hora: 20:30h

A obra está dirixida a tódolos públicos e será de valde ata completar aforo. A obra a interpretar “O soño dunha xoaniña” cóntanos como cando Chega o Entroido e Xoaniña quere disfrazarse de “tartaruga de Galápagos”, polo que decide pedir axuda aos animais que vai atopando no seu camiño.

O grupo de teatro xuvenil ES3HA2 conta con varios premios como o de mellor actor no ano 2014 e a de mellor actriz no ano 2015.

Animádevos a participar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario